martes, 27 de novembro de 2012

SAÍDA Á FUNDACIÓN LAXEIRO

O luns, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha saída á Fundación Laxeiro. Uns días antes comezamos a pescudar un pouquiño sobre este home e descubrimos que era un pintor galego moi importante que tiña un museo adicado á súa obra no centro de Vigo. Vimos algúns dos seus cadros e copiamos algunhas das súas técnicas pictóricas, e fomos tan valentes que mesmo fixemos versións diferentes dalgunhas das súas obras.
 Ese día , ao chegar á Fundación,  adicámonos a ollar e escoitar e aprendemos que se pode pintar de moitos xeitos, con distintas cores, formas e utensilios; e nós tamén fomos quen de converternos en artistas durante uns intres inspirándonos neste xenial personaxe. Aí queda o recordo do noso paso por tan máxico lugar…

Ningún comentario:

Publicar un comentario