xoves, 23 de decembro de 2010

Veñen os Reis

Xa pasou polo noso cole o mais tempraneiro dos Magos: Melchor. Mentres agardamos que cheguen tamén os outros dous, deixámosvos ver as caras dos nosos cativos nese encontro, o último día antes das vacacións. Hainas de risa e de medo; algúns cóntanlle moitas cousas a Melchor e a outros fáltalles  tempo para botar a correr... cousas dos nervios.


luns, 20 de decembro de 2010

NOVA EDICIÓN DE DON MOUCHO

Aquí vos deixamos a nova edición do xornal Don Moucho. 
 Esperamos que sexa do voso interese.

sábado, 18 de decembro de 2010

ACTIVIDADES DE NADAL

Estas son algunhas das actividades de Nadal que fixemos.
Haberá máis...¡Boas Festas!





luns, 6 de decembro de 2010

O NOSO MAGOSTO

Polo San Martiño castañas e viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
San Martiño vai ao magosto e mata o porquiño.

   Coa festa do magosto recordamos que a castaña era a base da alimentación en Galicia antes de que chegaran, no século XVI, a pataca e o millo desde América.  A castaña empregábase na cociña tanto fresca como seca ou moída en forma de fariña.
   O 12 de novembro, despois do san Martiño, celebramos o noso magosto particular.  Asamos as castañas e as metemos nun pequeno "bolsiño" que fixemos na clase con cartóns de leite e tiras adhesivas.  Outros fixeron cucuruchos e pegáronlle viñetas de comics.  Esperamos que vos guste o noso magosto.


mércores, 1 de decembro de 2010

O OUTONO NO TERCEIRO CICLO

Estes son os murais que os alumnos de 5º e 6º fixemos do outono. Despois engadímoslle as nosas fotos cos nomes.

martes, 30 de novembro de 2010

A NOSA EXPOSICIÓN

     Despois de falar do outono, despois de debuxar os seus froitos, chegou o momento de palpalos, observalos, poñerlles nome e incluso algúns nos atrevemos a degustalos.
     E,...como non!  fixemos unha exposición con eles.
     ¿Gústanvos as nosas cabazas?¿A que son moi divertidas?




luns, 29 de novembro de 2010

SAMAÍN

           E avanzando no outono, chegou o Samaín.
           Nos tamén celebramos a nosa "colleita" particular.  O verán xa quedou atrás definitivamente e gardamos reservas para o inverno.
           O Samaín da paso tamén ao Ano Novo das bruxas.

mércores, 24 de novembro de 2010

FROITOS DE OUTONO

Cos dedos non me abres
cos dentes tampouco
e cun crebanoces
rómpesme pronto.
Son a...


Unha vella
con mil fillos
e a todos
lles pon camisa.
É a ...

  Poderíamos poner moitas adiviñas, tantas como froitos de outono.  En Infantil e 1º ciclo de primaria estamos aprendendo os seus nomes. 
   EU CHÁMOME...



luns, 22 de novembro de 2010

OUTONO



 Laranxas e ocres,
marróns e vermellos,
así te vemos OUTONO
as nenas e os nenos.
Moi pouco verde,
época dourada
tráesnos a vendima
e a terra mollada.
Coa túa chegada
despedimos o verán
e pouquiño a pouquiño
nos animas a traballar.
E deixámosvos aquí un pouquiño do noso traballo

domingo, 21 de novembro de 2010

PRESENTACIÓN

Di a historia que na "Fonte dos frades" xurdiu Santo André de Comesaña.
Din que máis tarde existiu alí un mosteiro do que xa non quedan vestixios.
Nós aspiramos a ser unha fonte perpetua; unha fonte de inspiración, de inquietudes, de curiosidade...  Unha fonte que mostra o seu caudal a través das actividades propostas polo equipo de Normalización Lingüística do Ceip Párroco don Camilo.
¡Benvidos! Esperamos contar con vos durante o noso camiño.