xoves, 23 de decembro de 2010

Veñen os Reis

Xa pasou polo noso cole o mais tempraneiro dos Magos: Melchor. Mentres agardamos que cheguen tamén os outros dous, deixámosvos ver as caras dos nosos cativos nese encontro, o último día antes das vacacións. Hainas de risa e de medo; algúns cóntanlle moitas cousas a Melchor e a outros fáltalles  tempo para botar a correr... cousas dos nervios.


luns, 20 de decembro de 2010

NOVA EDICIÓN DE DON MOUCHO

Aquí vos deixamos a nova edición do xornal Don Moucho. 
 Esperamos que sexa do voso interese.

sábado, 18 de decembro de 2010

ACTIVIDADES DE NADAL

Estas son algunhas das actividades de Nadal que fixemos.
Haberá máis...¡Boas Festas!





luns, 6 de decembro de 2010

O NOSO MAGOSTO

Polo San Martiño castañas e viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
San Martiño vai ao magosto e mata o porquiño.

   Coa festa do magosto recordamos que a castaña era a base da alimentación en Galicia antes de que chegaran, no século XVI, a pataca e o millo desde América.  A castaña empregábase na cociña tanto fresca como seca ou moída en forma de fariña.
   O 12 de novembro, despois do san Martiño, celebramos o noso magosto particular.  Asamos as castañas e as metemos nun pequeno "bolsiño" que fixemos na clase con cartóns de leite e tiras adhesivas.  Outros fixeron cucuruchos e pegáronlle viñetas de comics.  Esperamos que vos guste o noso magosto.


mércores, 1 de decembro de 2010

O OUTONO NO TERCEIRO CICLO

Estes son os murais que os alumnos de 5º e 6º fixemos do outono. Despois engadímoslle as nosas fotos cos nomes.