mércores, 28 de decembro de 2011

AS NOSAS CARTAS PARA OS REIS

Non quixemos marchar de vacacións sen cumprir cunha obriga propia destes días de Nadal...darlle a nosa carta ós Reis Magos. Este ano foi o Rei Gaspar quen se achegou ao cole para recoller as nosas cartas  e escoitar tódolos nosos desexos. E xa que estabamos todos reunidos aproveitamos para agasallalo cunhas panxoliñas. Estas son as nosas fotos con el.
 A ver si se portan ben as nosas Maxestades









Os de tercer ciclo saúdan ó Rei


Os de segundo ciclo saúdan ó Rei



Os de primeiro ciclo saúdan ó Rei

xoves, 22 de decembro de 2011

O APALPADOR

Rematamos o mes de Nadal cun novo contacontos do proxecto "Contamos moito". Nestas datas nas que personaxes  tan variados percorren o noso planeta deixando os seus agasallos ós nenos, non podía faltar á cita O APALPADOR.  Foron os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria os encargados de nos representar este conto.Primeiro fomos os nenos  de infantil quen  disfrutamos en exclusiva do preestreno e dous días despois todo primaria poido asistir tamén  á función.
Para repartir un pouquiño o material de fotos e vídeo que temos, imos colga-las fotos da obra de teatro no blog de infantil e aquí deixámosvos os dous vídeos da sesión. Que o disfrutedes  coma o disfrutamos nós e... quen sabe¡... o mesmo calquera día destes os pais podedes disfrutar  dun pase especial.




luns, 12 de decembro de 2011

CONTAMOS MOITO: A VACA QUE PUXO UN OVO


O pasado venres día 2 na biblioteca os nenos e nenas de infantil tivemos unha nova sesión do noso proxecto "Contamos Moito" cunha contacontos excepcional… a profe Malena, quen foi dándonos conta das idas e vidas que tiñan lugar na granxa onde vive Marjorie e da súa extraordinaria historia. Ademais contamos coa compaña dos maiores de 1º de Primaria; cousa que nos fixo moita ilusión por volver estar ao lado dos nosos vellos compañeiros. Deste xeito, aproveitamos a coordinar a nosa aprendizaxe cos máis maiores compartindo lecturas e experiencias.












Durante todo este mes, seguiremos a escoitar o conto da man das profes nas nosas aulas e tamén no formato dixital que nos prepararon   e traballaremos a historia e o vocabulario co  material jclic que tamén fixeron elas.
Nos días vindeiros veredes os murais que entre todos estamos preparando nos corredores da escola e outros traballiños que pouquiño a pouco iremos facendo.


E... ¡ xa estamos a esperar con moita ilusión polo  contacontos deste mes de Nadal, que sabemos vai ser moi especial.!



luns, 28 de novembro de 2011

OS SENTIDOS E O MUSEO DO MAR

    O día 22 de novembro os nenos e as nenas de 1º e 2º  baixamos do autobús cos nosos sentidos postos nesta saída.  Estabamos diante do Museo do Mar e o mar entraba en todos nos.

    Á nosa vista estaban as ondas batendo nas rochas, chegabamos ata as illas Cíes navegando entre faros coa nosa mirada. As ondas viñan dende Cangas e volvían. 



     Probamos o seu sabor a sal tan distinto do doce azucre.  Chegounos o seu arrecendo salgado de peixe e de algas.  Tivemos nas nosas mans a súa fina area, a suavidade húmida das algas, as súa conchas desgastadas e golpeadas polo mar contra as rochas. 







   Todo isto escoitámolo con moita atención ao mesmo tempo que faciamos unha viaxe polas profundidades mariñas atopándonos cos seus habitantes.


  Atopámolo mar cos nosos cinco sentidos.

domingo, 27 de novembro de 2011

Charla de Educación viaria cos rapaces de 5º de primaria

O día 17 de outubro os alumnos de 5º tivemos a visita dun membro da policía local de Vigo dentro do programa de formación vial "Eu podo".
Antonio foi o poli que nos explicou como facernos  bos "peóns" e conductores de bicicletas. Ensinounos dous gravacións na  pizarra dixital de como se ten que circular de forma segura e correcta pola nosa cidade.
Tamén fixemos actividades interactivas para aprender bos hábitos como usuarios da vía pública. O pasamos moi ben e ademais aprendimos moitas cousas.






xoves, 24 de novembro de 2011

CANTARES NO "VERBUM"

   O Xoves 17 de Novembro os alumnos do 3º Ciclo asistiron ao "Verbum", o Museo das Palabras, onde puideron participar nunha chea de actividades interactivas co obxecto de  profundar no coñecemento da diversidade lingüística na nosa terra e no mundo en xeral.
  Ao longo da mañá puideron visitar diferentes exposicións tales como "O Museo Radiofónico de Galicia", "Vigo Cidade de Babel"... recitar poemas da tradición oral galega, interpretar un conto, comprobar a habilidade dos regueifeiros e, incluso, participar nun taller onde amosaron as súas dotes como ilustradores.













sábado, 19 de novembro de 2011

VICENTIÑO E AS ÁRBORES DA PAZ


Un ano mais os nenos e nenas de infantil comezaron a súa particular andaina no eido da animación lectora co proxecto "Contamos moito". O pasado mes de outubro foi O BARDO ABELARDO O encargado de contar e cantar unha e mil historias ós cativos, quen como se mira nas fotos disfrutaron a eito.
"Vicentiño" non é un conto. Son moitos contos en un. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ; tamén a historia dun carballo que nace na bota dun soldado; co trasno do lixo aprendimos que non é bo para os nosos bosques ir deixando o lixo atrás ...
O bardo deixounos unha  mensaxe moi clara que teremos que seguir traballando ao longo de todo o curso ... a nosa relación  coa natureza é un compoñente importante da harmonía da nosa vida e polo tanto da PAZ.