luns, 31 de xaneiro de 2011

DÍA DA PAZ


O día 30 de xaneiro é o día escolar da paz e da non-violencia.  Nun 30 de xaneiro morreu Gandhi, lider espiritual da India. 


            Nós no día da paz queremos recordar que todos somos iguais e que é o noso dereito e o noso deber convivir en paz.   Nós somos como pequenas árbores.  Formamos  parte dun gran bosque:  a comunidade educativa e a sociedade.  Queremos que nas nosas árbores faga o seu niño a pomba da paz e nos traia unha convivencia en calma .  Aínda que ás veces teñamos problemas debemos aprender a resolvelos falando, sen discusións.

            No día de hoxe recordaremos a distintas persoas que contribuiron á paz  mundial.
            Diremos que significa a paz para nós.
            E tamén plantaremos a nosa propia paz representada nas sementes destas catro árbores:  oliveira, carballo, piñeiro e a ciroleira que representan á súa vez a paz, a liberdade e a amizade.



            Aquí vos deixamos o noso  DÍA DA PAZ.


domingo, 16 de xaneiro de 2011

OS DE 5º E 6º "CONTAN MOITO"

Como remate do 1º trimestre os nenos e nenas de 5º e 6º animaron o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis" dentro do proxecto de animación á lectura e normalización de educación infantil. Fixérono moi ben e os peques disfrutaron moito co conto, ainda que as fotos non son capaces de transmitir o lucida que lles quedou a súa  representación.





Ademais do contaconto a profe de 5º  fíxo un material para a pizarra dixital para poder traballar mellor o conto nas aulas.


NO MAGOSTO NON SÓ COMEMOS CASTAÑAS

No Outono e no Magosto que xa pasaron hai tempo non só nos adicamos a comer castañas e expor as froitas e froitos que nos mandastes. Tamén estivemos moi atarefados  facendo moitos traballos de clase arredor desta festa  e outras cousas do Outono. Non queremos que pase mais tempo sen que vexades algúns dos nosos traballos.