venres, 25 de febreiro de 2011

SEMANA DE TROULA

     

Xa está chegando o entroido.  Este ano estamos traballando co "cambio climático" e temos un culpable:  DON CONTAMINANTE.  Aquí tedes os seus mandados:


DON CONTAMINANTE
coas súas porquerías
trae ao noso tempo
facendo tolerías.

O luns non esquezades o sombreiro
por se fai moita calor
e sae o sol abrasador.

Para o martes temos chuvia:
traer o paraugas
non sobraría.

O mércores un par de luvas
que se prevé
un frío dos que non se atura.

E o xoves pintade as meixelas
co tempo tan cambiante
xa sobran o sombreiro, o paraugas e as luvas.

Que teñades un bo entroido
e tempo estable.
E por favor non lle fagades caso
a DON CONTAMINANTE.


luns, 14 de febreiro de 2011

LUME

O venres 11 chegou Babaluva ao noso cole e trouxo:
      ¡ LUME!



Cunha boa dose de imaxinación contáronnos e representáronnos o conto de Alberto Varela Ferreiro.





Déronnos unha boa lección:  coas cousas máis sinxelas, aquelas que podemos atopar na nosa casa ou na nosa cociña montaron uns bós títeres que nos permitiron achegarnos a cada unha das persoaxes que saen na historia.



Gustounos moito a representación.



sábado, 12 de febreiro de 2011

" CAMIÑO DA LINGUA"

O venres 4 de febreiro, os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º de primaria
participaron nun  xogo chamado "Camiño da Lingua" que semellaba un gran
xogo da oca, pero esta vez con buxaina.
O monitor que o dirixía xa o coñeciamos do curso pasado, chámase Edgar e
 ten moita chispa cos nen@s. Viña cunha compañeira que axudaba a mover
as fichas polo taboleiro e facer as diferentes probas.
Houbo de todo, dende probas lingüísticas, culturais e xogos moi
divertidos.
Nun principio Edgar fixo dous grupos onde mesturábanse os tres cursos. O
 mellor foi cando tiveron que xogarse o turno cun trabalinguas
dificilísimo. Tamén houbo probas de coordinación motora, que si dereita,
 esquerda, enriba, debaixo... Que risa!. A elección da buxaina como
protagonista do xogo foi porque responde á idea de movemento e dinamismo
 que ten a nosa lingua.
O xogo, pareceunos moi interesante ás mestras que o presenciamos, porque
 pensamos que axuda a traballar en grupo e
ademais fixo que días antes de facer o xogo estivésemos nas aulas de
primaria repasando lugares emblemáticos e monumentos importantes da nosa
 cidade. Faltounos un pouco de tempo para rematar o último exercicio do
taller onde os nenos e nenas tiveron que escribir a palabra LINGUA de
diferentes maneiras (braille, naútica, chinese, árabe....).
O proxecto xurde do Servicio de Normalización Lingüística de Vigo.