domingo, 24 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

  Aproveitando a visita de Fina Casalderrey e aproveitando tamén a lectura dos seus libros, inspirámonos e fixenos o noso marcapáxinas personal.  Aquí deixamos a mostra.




ARTE NA AULA

  Na semana do 11 ao 15 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha mostra de arte itinerante que chegou ao noso colexio (grazas á Concellería de Educación da Alcaldía de Vigo).  Trátase dunha mostra de cadros de artistas galegos elaborados empegando distintas técnicas:  esmalte, grabado, óleo acuarela,...  Incluso había dúas esculturas.  O artista Mingos Teixeira achegounos ás distintas obras de arte e ensinounos a diferenciar as técnicas empregadas.  Para rematar puxo a proba a nosa imaxinación ao pedirnos un debuxo que tivera nin máis nin menos que... ¡unha vaca voando!




sábado, 9 de abril de 2011

HISTORIAS DE CARTÓN

     Os nosos alumnos de 4º,5º e 6º asistiron na biblioteca do colexio a un obradoiro de plástica creativa de CONTARTE.
     "Historia de cartón" lembrounos que a miseria, pobreza, inxustiza e marxinación son as condicións de vida ás que se enfrontan diariamente moitos nenos e nenas en todo o mundo.


PAXARIÑOS DE LA E FOLLAS SECAS

     Obradoiro de animación á lectura de CONTARTE á que asistiron os nosos alumnos de 1º,2º e 3º.
      A nena da nosa historia ten unha caixiña chea de recordos e un bó día decide liberalos e deixalos polas rúas da cidade.  Pola contra os nosos alumnos decoraron a súa caixa de recordos, que irá pasando polas tres aulas.  Estamos seguros de que acabará chea de obxectos, palabras e pequenas cousas que cada un de nós irá deixando coa esperanza de que nos lembren un pouquiño máis.


CONCERTO DA E-TRAD

     O día 5 de abril os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º asistiron na biblioteca do colexio a un concerto didáctico ofrecido por mestres da E-Trad ( Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ).
      O seu obxectivo é achegar a música tradicional aos alumnos.  Tamén houbo tempo para a participación do alumnado e para probar os instrumentos tradicionais.



FINA CASALDERREY

     Foi o 31 de marzo.  Os seus libros escapaban das nosas mans esperando as súas dedicatorias.  E, de súpeto alí estaba coas súas palabras:  palabras suaves, palabras sinxelas, sin berrar, acariñando.  Pero tamén eran palabras decididas, palabras emotivas e tan fortes que conseguiron subir á profe Gladys nunha cadeira.  Grazas pola túa visita.


luns, 4 de abril de 2011

PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR

  O venres 25 chegaron ao noso cole uns nenos de dous anos.  Querían coñecernos.  Ademáis estiveron cos nosos alumnos de infantil vendo a obra de teatro "Pepiña Maruxiña quere voar".  Esta obra de teatro está baseada nunha tradición popular.  Maruxiña é unha xoaniña que non ten as.  Vai pedindo axuda aos animais e á Raíña das flores para poder voar.
  Gustáronnos moito o teatro e a compañía.