martes, 28 de xuño de 2011

CONTAMOS MOITO

Non queremos que remate o curso sen deixar aqui o libro lim que a profe Pili fixo como complemento á  animación do conto "A bruxa do dente". Dita animación formou parte do proxecto "Contamos moito" de educación infantil e foi realizada polos nenos de 5º e 6º de Primaria. Despois de disfrutar coa representación de teatro de sombras feita, -da que xa deixamos fotos noutra entrada-, poidemos afondar nos contidos do conto grazas a este traballo de tics.

http://engalego.es/panel/alm/chs/pilaralvarezrey/o_meu_cuarto_libro/o_meu_cuarto_libro.html

Tamén a profe Pilar fixo outro libro- lim cos contidos relacionados co conto "Lume" que foi representado pola compañía Babaluva no mes de Febreiro na biblioteca do centro. Este conto tamén formou parte deste proxecto normalizador.

http://engalego.es/panel/alm/chs/picosta/libro4/libro4.html

venres, 24 de xuño de 2011

don moucho 2011



  Aquí chega a nova edición do noso xornal recién saído do forno.  Esperamos que vos guste moito, moito.



xoves, 9 de xuño de 2011

VERBAS

  Limiar Teatro é un grupo teatral con raices en Santo André de Comesaña e con raices no colexio pois a el pertencen antigos alumnos.




  Hoxe trouxeron unha primicia:  a primeira representación de "Verbas".  Dúas guapas detectives investigan a verba "morriña" que aparece moito nas cartas do avó emigrado.








  Implicando ao público na busca de cartas e pistas chegaron á gran conclusión:  a morriña é ese sentimento que nos invade cando estamos lonxe da terra que tanto queremos.








Deixamosvos aqui as imaxes de distintos momentos da representación

martes, 7 de xuño de 2011

VISITA DE SUSO CUBEIRO

 O 6 de xuño deste curso  tivemos  no noso cole a un ilustrador coruñés que ademais é tio dunha das nosas alumnas de 2º curso de Primaria Iria Quiroga Prado.


Na súa traxectoria profesional ilustrou máis de 50 obras, entre as que destacan “ El secreto del bosque viejo”,  “ El espíritu del bosque” o  “ Larita”.

Está considerado como  un ilustrador da natureza  e de libros infantís e xuvenís. Durante a hora e media que nos acompañou explicou como é o proceso de facer un libro, dende a idea inicial ata o seu paso pola imprenta. Como pode utilizar soamente  catro cores nos debuxos  e como é a escala na que pode debuxar antes de ser editados.


Deulle os nen@s unhas primeiras nocións para debuxar sentimentos na face humana e como saían animais duns simples circuliños ou raias. Os rapaces intentaron facer gatos, mouchos, cabalos, baleas e ata un dinosaurio.




Nunha carpeta xigante traía varios orixinais para comparalos co libro que logo se vende nas librerías.  Despois de contestar a todas as dúbidas que lle plantexaron  sobre o seu traballo de ilustrador, colleu unha  fotografía do escritor homenaxeado das Letras Galegas “ Lois Pereiro” e fixo en pouco tempo unha  acuarela espectacular que nos adicou para todo o colexio.









mércores, 1 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO

   O día 27 de maio celebramos o noso festival de fin de curso 2010-2011.  Tivo dúas partes:  na primeira os alumnos de 5º e 6º  fixeron dúas representacións de teatro( sombras chinas e teatro negro) e despois pasamos ao ximnasio onde continuamos co resto do festival.  Grazas aos pais, nais, avós e avoas por acompañarnos neste día.  Os alumnos e as alumnas de 6º aproveitaron esta ocasión para despedirse do colexio xa que pasan a unha nova etapa no instituto.

   O teatro de sombras chinas trataba dunha bruxa moi, moi malvada.  É posible que non sexa tan malvada:
 “ A bruxa do dente”










¿Quen de nós cando era pequeno non esperou con moitas ganas a chegada dos reis magos?  Todos nos metemos na cama,  moi cediño para espertar cunha morea de agasallos.  O noso protagonista do teatro negro tivo un grave problema
“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis”







Aquí chega o gran descubrimento deste curso(infantil de 3 anos):
“Eu son artista”






Os rapaces de 4 anos teñen unha vea máis científica.  Imos ver como vai a súa investigación:
“A que sabe a lúa”




  E aquí chegan os que mellor se moven:  igual que os peixes do mar…
“Nadando sen parar”



   Tamén nos demostran todo o seu coñecemento do corpo humán en inglés:


“Head and shoulders, knees and toes”

Está claro que estes rapaces de 1º aínda cren na maxía e nas cousas que parecen imposibles como sucede neste pequeno teatro:
“Os fabóns máxicos”




 ¡Que contentas se van poñer as nais dos nenos de 5!  Rematan infantil e xa saben cociñar.  Que aproveite a pizza:
“I like pizza”

E agora chegan os de 3º.  Unha boa demostración de ximnasia:

“Actuación con picas”

Aquí chegan os oito coelliños de 2º para contarnos a súa vida:

“Milo o coello branco”


Os de 1º tamén saben o corpo humán en inglés e así o demostran:

“Hokey, cokey”

Agora tócalle os alumnos de 4º que nos traen estes exercicios con balóns.


Aos alumnos de 3º preocúpalles a amizade.  ¿Poderían vivir sen amigos?  Seguramente todo sería moito máis complicado.  O guión foi elaborado polos alumnos de 3º

“Las manos amigas”

Estamos dacordo cos de 2º.  ¡que ganas temos de vacacións, auga, praia, sol… e non facer nada:

“Holidays”

  Aquí chegan os alumnos máis veteranos para dar unha clase de baile:

“Baile contemporáneo”

Xa sabemos que os bailaríns de 2º e 1ºnon queren quedar atrás e nos traen unha:

“danza con globos”






 Cando celebramos o día da paz, esta foi a nosa canción que queremos compartir con vos:

“Imagine”

Xa para rematar, deixámosvos unha danza tradicional galega interpretada con varios instrumentos.






Moitas grazas pola vosa asistencia.  Esperamos que vos gustara este festival de despedida de curso e de despedida dos compañeiros de 6º.  Un saúdo para todos.