mércores, 28 de decembro de 2011

AS NOSAS CARTAS PARA OS REIS

Non quixemos marchar de vacacións sen cumprir cunha obriga propia destes días de Nadal...darlle a nosa carta ós Reis Magos. Este ano foi o Rei Gaspar quen se achegou ao cole para recoller as nosas cartas  e escoitar tódolos nosos desexos. E xa que estabamos todos reunidos aproveitamos para agasallalo cunhas panxoliñas. Estas son as nosas fotos con el.
 A ver si se portan ben as nosas Maxestades









Os de tercer ciclo saúdan ó Rei


Os de segundo ciclo saúdan ó Rei



Os de primeiro ciclo saúdan ó Rei

xoves, 22 de decembro de 2011

O APALPADOR

Rematamos o mes de Nadal cun novo contacontos do proxecto "Contamos moito". Nestas datas nas que personaxes  tan variados percorren o noso planeta deixando os seus agasallos ós nenos, non podía faltar á cita O APALPADOR.  Foron os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria os encargados de nos representar este conto.Primeiro fomos os nenos  de infantil quen  disfrutamos en exclusiva do preestreno e dous días despois todo primaria poido asistir tamén  á función.
Para repartir un pouquiño o material de fotos e vídeo que temos, imos colga-las fotos da obra de teatro no blog de infantil e aquí deixámosvos os dous vídeos da sesión. Que o disfrutedes  coma o disfrutamos nós e... quen sabe¡... o mesmo calquera día destes os pais podedes disfrutar  dun pase especial.




luns, 12 de decembro de 2011

CONTAMOS MOITO: A VACA QUE PUXO UN OVO


O pasado venres día 2 na biblioteca os nenos e nenas de infantil tivemos unha nova sesión do noso proxecto "Contamos Moito" cunha contacontos excepcional… a profe Malena, quen foi dándonos conta das idas e vidas que tiñan lugar na granxa onde vive Marjorie e da súa extraordinaria historia. Ademais contamos coa compaña dos maiores de 1º de Primaria; cousa que nos fixo moita ilusión por volver estar ao lado dos nosos vellos compañeiros. Deste xeito, aproveitamos a coordinar a nosa aprendizaxe cos máis maiores compartindo lecturas e experiencias.












Durante todo este mes, seguiremos a escoitar o conto da man das profes nas nosas aulas e tamén no formato dixital que nos prepararon   e traballaremos a historia e o vocabulario co  material jclic que tamén fixeron elas.
Nos días vindeiros veredes os murais que entre todos estamos preparando nos corredores da escola e outros traballiños que pouquiño a pouco iremos facendo.


E... ¡ xa estamos a esperar con moita ilusión polo  contacontos deste mes de Nadal, que sabemos vai ser moi especial.!