venres, 21 de decembro de 2012

Xa rematou o primeiro trimestre, e parece que foi onte cando vós dabamos a benvida....
Dende o colexio queriamos desexarvos un feliz nadal e que este ano 2013 veña cheo de alegrías e de boas novas para todos.

Nas casas tendes os xornais impresos pero para que poidades disfrutar das magníficas fotografías con cor tendes aquí tamén o formato dixital (premede na foto para poder velo).

FELICES FESTAS!


domingo, 16 de decembro de 2012

A COSTUREIRA DAS ÁNIMAS

    Este é o título dun libro presentado este fin de semana no Centro Cultural Nautilius, o centro cultural de Santo André de Comesaña.  Os autores do libro son:  Suso Cubeiro, coñecido ilustrador, e Ana Prado, xornalista e editora ademais de veciña da nosa parroquia.

 

    Comprácenos moito que a presentadora do acto, á petición de Suso Cubeiro, fora a nosa Compañeira, Mestra e Xefa de Estudos Gladys.  Fixo un amplo recorrido pola traxectoria profesional de ámbolos dous autores do libro.  Foi un pracer escoitalos aos tres.  Moitas grazas a eles pola bonita e instrutiva tarde de sábado que pasamos.


 
 
 
 
 
 

martes, 4 de decembro de 2012

MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA


        Como salta á vista, aos de 5º gústanos a actividade física, sentirnos ben e ter un aspecto saudable.
        No primeiro trimestre estudamos os distintos aparatos que forman o noso corpo e as súas funcións.  Ao chegar á función de nutrición non podiamos deixar de lado a dieta saudable, os alimentos e os beneficios que nos achegan.
        Pero para bos alimentos os da nosa horta.  Vedes que leituguiñas tan ben feitiñas?  Temos un bo alcouve e é o momento de transplantalas para que podan medrar.  Algúns xa puideron saborear  algunha.
        Tamén é unha boa actividade física sacar as malas herbas e sachar un pouquiño a terra.
         Xa vedes, unha actividade física moi completa.
       


martes, 27 de novembro de 2012

SAÍDA Á FUNDACIÓN LAXEIRO

O luns, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha saída á Fundación Laxeiro. Uns días antes comezamos a pescudar un pouquiño sobre este home e descubrimos que era un pintor galego moi importante que tiña un museo adicado á súa obra no centro de Vigo. Vimos algúns dos seus cadros e copiamos algunhas das súas técnicas pictóricas, e fomos tan valentes que mesmo fixemos versións diferentes dalgunhas das súas obras.
 Ese día , ao chegar á Fundación,  adicámonos a ollar e escoitar e aprendemos que se pode pintar de moitos xeitos, con distintas cores, formas e utensilios; e nós tamén fomos quen de converternos en artistas durante uns intres inspirándonos neste xenial personaxe. Aí queda o recordo do noso paso por tan máxico lugar…

domingo, 25 de novembro de 2012


No colexio Párroco don Camilo festexamos o tradicional Magosto o vindeiro 9 de novembro.
Pasámolo xenial xogando aos xogos tradicionais pero sen dúbida o que máis nos gustou foron.... AS CASTAÑAS ASADAS!!!!



domingo, 11 de novembro de 2012

Conto de Samaín

O martes, 6 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º reunímonos cós nosos compañeiros de Infantil para escoitar un fermoso conto titulado "A casa do rato Renato". Era unha historia sobre cabazas, Samaín, Magosto...tempo de frío e escuridade. Parecía que ía dar moito medo..., pero nós non o tivemos porque xa somos maiores e sabemos un montón de cousas sobre as nosas tradicións.
Pasámolo moi ben e o tempo esvaeceuse case sen decatarnos...
 

luns, 5 de novembro de 2012

Horto escolar


Xa nos puxemos mans á obra co horto escolar, aquí tendes a mostra de que "quen sembra, recolta!"



mércores, 31 de outubro de 2012


Aquí están as fotos do Samaín!!! Que medo papamos hoce vendo a todos estes pantasmas, bruxas, esqueletos....

A ver quen recolecta máis caramelos hoxe.... Pasade unha boa ponte e volvede o luns coas pilas cargadas!!



luns, 29 de outubro de 2012

Hoxe os nenos de 1º, 2º e 3º recibiron a visita duns investigadores lingüísticos e colaboraron todos nas probas da investigación.
Se queredes ver as actividades que tiveron que facer e que tal lles saíron mirade as fotos aquí abaixo.

Que as disfrutedes!




(Se queres ver a presentación con música, fai clic no símbolo do altavoz.)

O blogue da clase de 3º de Primaria

Boas a todos,

Hoxe queremos deixarvos aquí o enlace ao blogue de 3º de Primaria.
Nel Podedes atopar moitas actividades e xogos ordenados por áreas (lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio e matemáticas).

Espero que vos sexa útil a todos e recordade que podedes facervos membros do blogue dunha forma moi sinxela e que os vosos comentarios son moi importantes para que melloremos.

Aquí tedes o enlace:  http://docesorrisos3.blogspot.com.es/


xoves, 25 de outubro de 2012

Samaín


Benvidos a todos a este novo curso 2012-2013!

A verdade é que tardamos un pouquiño en dar a benvida pero como ben dí o refrán " máis vale tarde que nunca!"


Xa estamos no mes de outubro e como ben vós déstedes conta (xa que os vosos fill@s trouxeron cabazas toda a semana) xa está aquí o SAMAÍN!!!

Pronto colgaremos fotos da súper exposición que están preparando os alumn@s do colegio, pero coidadiño que van dar meeeedoooooo.... 




Deixámosvos tamén unhas páxinas con actividades e xogos sobre o samaín para disfrutar en familia!

sábado, 30 de xuño de 2012

BOAS VACACIÓNS

Pois sen darnos case conta,xa rematou outro curso.Xa chegaron as vacacións e xa o cole queda en silencio.Pero para lembrarnos de todo o traballado,aprendido,vivido,experimentado...aquí vos deixamos o noso xornal Don Moucho.
Moitas gracias a todos polo voso traballo e colaboración.Pasade unha boas vacacións e nos vemos en setembro.

CONTACONTOS O NOSO ESTILO

O alumnado de cursos superiores en colaboración coas mestras de infantil elaboraron,para os cursos máis pequenos, un gran libro versionando o conto "Pedro e o lobo".
Que foi posto en escena, por dúas alumnas de 4º curso de primaria.
Unha curtametraxe o noso estilo.
E o resultado foi o seguinte.Agardamos que vos guste, tanto como a nós.








Pedro e o lobo from Dompa on Vimeo.

martes, 26 de xuño de 2012

FESTIVAL!!!

Coma tódolos anos, por estas datas, celebramos o festival de fin de curso  e este ano non ía ser menos.Foi un gran espectáculo ,con moita diversidade e para tódolos gustos.Deixámosvos unha pequena mostra del e do ben que o pasamos.


domingo, 3 de xuño de 2012

OS DE 3º CICLO CONVÉRTENSE EN ACTORES

Os  nenos de 5º e 6º de Primaria téñense convertrido por uns días en moi bos actores.
Para a festa de fin de curso os nenos de 6º adaptaron un libro titulado "Querido hijo estás despedido" que mudou en "Querida hija estás despedida" e representárono para tódolos pais que se achegaron ao cole. Tamén fixeron un pase privado para os compañeiros todos de Infantil e Primaria
Asemade, os nenos de 5º, e dentro do programa do plan lector "Contamos Moito", representaron en teatro negro o conto Cocorico da editorial OCO con gran éxito entre os pais e os nenos de todo o cole.

Aquí deixamosvos algunhas das fotos.


 



 




 

 























xoves, 31 de maio de 2012

SAÍDA DO 3º CICLO DE PRIMARIA AOS HUMIDAIS DE MUÍÑOS


Unha das zonas húmidas mais representativas do municipio de Vigo é a de Muíños, xunto coas da Bouza e Barreiros, que están en terreos públicos e foron obxecto de traballos de recuperación nos últimos anos.
O 15 de maio tivemos unha saída polos humidais de Muíños (en Comesaña) entre o campo de fútbol de Sto André e o paseo lineal do Lagares.




 Sabedes que é unha ZONA HÚMIDA?
É unha terra húmida pola achega, permanente ou temporal, de auga doce, salobre ou salgada de orixe natural ou artificial. Marismas, encoros e turbeiras son zonas húmidas.
A FLORA, que é a vexetación máis representativa, está formada por salgueiros, amieiros, hedras, lirios amarelos, xuncos, espadanas, buños, feos e fentos.



A FAUNA é moi variada. Nesta zona húmida poden verse 7 especies de anfibios e 5 de réptiles. Entre as aves acuáticas, destacan o lavanco real, a garza real e a pita de auga, que conviven con especies silvestres e cosmopolitas. A pintafontes verde habita neste humedal e o picaxuncos común tamén pode verse por Muíños.



Despois fixemos un xogo moi divertido para repasar o aprendido sobre a flora e a fauna desta zona húmida.


Ao final acompañounos Jose o monitor que foi connosco, de volta ata o colexio. Alí despedímonos cara unha próxima aventura, coñecendo un pouco máis o noso patrimonio natural do Concello de Vigo.

sábado, 26 de maio de 2012

HORTO ESCOLAR

Este ano puxemos en marcha o horto escolar. Como na clase de Educación Física aprendemos a coidar a nosa saúde e o noso corpo, decidimos aliarnos co lema "a comida saudable". Unha mestra moi achegada a nos agasallounos cunhas plantas de leitugas, tomates e tamén conseguimos unhas poucas de fabas.
PALMIRA, GRAZAS POLAS TÚAS PLANTAS
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI POÑER AS SEMETES NA TERRA E BOTARLLE AUGA
 CANDO XA ESTABAN CRECIDIÑAS, AS BOTAMOS NA TERRA
¡QUE TOMATE MÁIS BONITIÑO PARA BOTAR NA TERRA!
MIRADE COMO ESTÁN A MEDRAR AS NOSAS FABAS

Como agora xa ben o bo tempo, medran que da gusto, e de cando en vez temos que regalas. Temos que agradecerlle a Sol, a nosa conserxe, a súa axuda  neste proxecto.
En breve, informarémosvos de como sigue o noso horto, medra que medra.

luns, 21 de maio de 2012

O NOSO TRABALLO

Como xa vos comentáramos na entrada anterior, realizamos un pequeno traballo de investigación sobre Valentín Paz Andrade.E agora volo mostramos gráficamente,agardamos que vos guste.
Darlle as gracias a todo o alumnado e profesorado pola gran labor realizada.Son uns artístas.

xoves, 17 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas,durante este mes o alumnado e profesorado estivemos traballando e investigando sobre a figura de Valentín Paz Andrade, á que este ano se lle dedica dito día.
A parte dos recursos elaborados por nos mesmos,que pronto colgaremos,tamén utilizamos moitos outros de diversas institucións,ás que lles agradecemos o seu traballo e esforzo.Aquí vos deixamos unha serie de enlaces para que poidades saber un pouco mais deste polifacético personaxe.


http://www.valentinpazandrade.es/
http://seminariogalan.org/

Video musical de 2nafronteira, coa letra do poema Pranto Matricial,dedicado a Castelao.


http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html
http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas Dentro deste enlace se engloban moitos mais.

Pequeno telexornal,sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade, realizado polo alumnado e profesorado do CPI dos Dices en Rois.


venres, 4 de maio de 2012

Visita de Jacobo Fernández

O martes, día 24 de abril, visitounos na escola o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Todos os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo estabamos emocionados esperando a súa chegada e non deixamos de prestar atención a todo o que nos contou... Falounos das súas historias "A gardería de dona Bixelmina" e "Formigas de pedra", da súa nenez sempre vencellada aos libros, das súas inspiracións e motivacións para escribir... Ensinounos tamén ilustracións orixinais dos seus contos e asinounos cunha dedicatoria especial os nosos exemplares. Non podemos esquecer o agasallo que nos fixo, dúas ilustracións de personaxes moi coñecidos para nós: a dona Bixelmina e a nosa pequena amiga a formiguiña.