venres, 24 de febreiro de 2012

Entroido 2012

O día do Entroido foi especial. Durante o desfile, os de 6º levamos unha pancarta que poñía "NA COOPERACIÓN NON HAI COLOR" , e acompañamos aos nenos de tres anos mentres os pais e nais nos sacaban fotos. O desfile o pechamos os rapaces de 3º xunto aos de 5º que levamos a Don Cooperante e Dona Cooperante, os nosos Mecos deste ano. A continuación, os de terceiro ciclo estivemos dicindo as coplas e fixemos unha festa rachada bailando ao ritmo da música, xogando, cantado, divertíndonos....de todo un pouco. Finalmente lemos o testamentos dos mestres e tivémonos que ir para a aula porque xa ía tocar o timbre.

                                                              FOI UN DÍA XENIAL!!!
  
 COPLAS DO 3º CICLO

Don Cooperante
está cheo de acción,
e Dona Cooperante
de diversión.

Coa cooperación
hai moita diversión.
Coa cooperación
hai axuda a mogollón.

O mesmo da negro ou branco
se todos traballamos no mesmo bando.
A felicidade vence ao mal
e isto, claro, é normal.

Todos xuntos colaboramos
neste ano de acción.
Traballando sen descanso
coa mellor intención.

Temos a convicción plena
de que se non imos todos xuntos
ninguén chegará a meta.

Elaboramos un mural de papiroflexia
todo feito de papel,
con pombas, cisnes e ras
e serpentinas ao revés.

Facendo un monicreque
todos cooperamos
poñéndonos asquerosetes
e ademais cantamos.

Os de quinto son moi bos,
todos uns campeóns,
dígovolo eu a vós
non vos fiedes si vos dan un chuletón.

Os xenerosos nenos de sexto
axudaron aos pequenos
isto está escrito nun texto redactado
por uns nenos.

A obra do Apalpador
representamos dúas veces
e divertímonos un montón
cos nosos peques.

Neste ano 2012
entraron moitos nenos
e dentro de pouco
case que non colleremos.

A nós gústanos ler
as veces torcemos o brazo
e buscamos outro lecer
axudando aos nenos no trazo.

Fomos a Tahona a comprar pan
para celebrar a cooperación
polo camiño saiu un can
e cantámoslle unha canción.

Os de segundo ciclo
tamén teñen diversión,
por iso cando xogan ao fútbol
fan faltas a mogollón.

Os de segundo ciclo
fannos rir ata chorar.
Por iso os queremos lembrar
ata fartar.

Os nenos de terceiro ciclo
axudaron aos pequenos,
non lles deron triciclos
nin tampouco caramelos.

Tras rematar a tarefa,
mil pasteliños comeron,
e cantando unha regueifa
todos limoada beberon.

Tan entretidos estaban,
roncaban coma porquiños
facéndose os durmidos
escoitábanse aos pouquiños.

Coa cooperación non hai depresión
pero si moita ilusión.
Se axudamos aos demais non
nos aburriremos xamais.

  FOTOS DO DISCURSO E LECTURA DAS COPLAS















TESTAMENTO 

Vinca:

Por ser tan estricta
Regalámoslle unha cripta,
E por ser tan fermosa
Regalámoslle unha cociña de Fenosa.

Elvira:

Por ser tan colorida
Regalámoslle un insecticida,
E por ser tan hiperactiva
Unha cea sen IVA.

Iago:

Por explicarnos as cousas tan ben
Regalámoslle un vaivén,
E por facer tantas cousas na clase
Regalámoslle unha viaxe.

Pili:

Por ter tanta paciencia
Regalámoslle unha viaxe a Palencia,
E por ser tan fermosa
dámoslle unha rosa.

Palmira:

Por ser a nosa ex-directora
Dámoslle unha viaxe a Zamora,
E por ser tan popular
Un bañador para ir ao mar.

Pili Directora:

A Pili a directora
Regalámoslle unha locomotora,
E por ser a profe de ximnasia
Dámoslle un “kit” de maxia.

Manu:

Pola paciencia que ten
Regalámoslle un tren,
E por ser tan guapo
regalámoslle un trapo.


Almudena:

A Almudena
Regalámoslle unha antena,
E por dar relixión
Regalámoslle un colchón.

Rosa Orientadora:

Por ser tan simpática
Dámoslle unha viaxe selvática,
E por arranxar os nosos problemas
Dámoslle estes poemas.

Rosa:

Por ser tan inquieta
Regalámoslle unha banqueta,
E para que estés máis tranquila
Dámoslle unha tila.

Gladys:

Por ter tanta amabilidade
Regalámoslle unha cidade,
E por ser tan tolerante
Dámoslle un altofalante.

Pilar:

Por ser tan intelixente,
Dámoslle un deterxente,
E por cuidar tantos nenos
Deixámosche uns terreos.

Bea:

Por ter tanta paciencia
Regalámoslle un museo de ciencia,
E por ser tan servicial
Un centro comercial.

Laura:

Por ser tan xenerosa
Regalámoslle unha rosa,
E por ser tan amable
Un colchón hinchable.


Belén:

Por ser tan perfecta,
Regalámoslle unha seta,
E por saber tanto de inglés
Un curso de francés.

Malena:

Por ser tan boa mestra
Regalámoslle unha minestra,
E por ser tan boa persoa
Dámoslle unha viaxe a Lisboa.

Susana:

Por ser tan sana
Regalámoslle a Hanna Montana,
E por ser tan boa
regalámoslle unha anchoa.

Luís:

Por ser tan bo actor
Regalámoslle un corazón,
E por ser tan bo profesor

Elena:

Por ser tan atenta
regalámoslle uha antena,
e por ser tan lista
regalámoslle unha autopista.

Aroa:
A Aroa, por ser tan boa
regalámoslle unha coroa,
e por ter tanta paciencia
regalámoslle a nosa inocencia.


FOTOS DA LECTURA DO TESTAMENTO









OS NOSOS MECOS 



OS DE 5º VIMOS DISFRAZADOS DE ..








sábado, 18 de febreiro de 2012

XA CHEGOU!

Levábamos toda a semana agardando o gran día e por fin chegou: Viva o Entroido!
Pásamolo en grande en compañía das familias e achegados.
Realizamos un desfile mostrando os nosos mellores disfraces,decorados coas elaboracións de papiroflexia que fixeramos para o Día da Paz, bailamos a ritmo da música máis chicharacheira,escoitamos as coplas e o testamento lido polo alumnado de terceiro ciclo,comimos orellas e filloas...e non poderían faltar Dona Cooperante e Don cooperante,os mecos.
Foi un día incrible.E aí vos deixamos a mostra.


mércores, 1 de febreiro de 2012

XUNTOS TODO SAE MELLOR!

Este luns, 30 de xaneiro, celebrouse o Dia Escolar da Non Violencia e a Paz.
E no Parroco Don Camilo xa levábamos toda a semana traballando ,de forma cooperativa, uns cursos con outros.O alumnado dos cursos superiores ensinaba ó alumnado dos cursos inferiores.E desta, tocoulles ser mestres de papiroflexia,e a cousa non saiu nada mal.
Queriamos festexar conxuntamente o ano da Cooperación e o día da Paz,así que unimos ideas e coma resultado saiunos un fantástico mural.
Agardamos, que a vós tamén vos guste.












Terceiro e quinto de primaria fixemos un obradoiro de paxariñas, cadros, ras e caixas con mensaxes de paz. ¡Pasámolo xenial!