martes, 13 de marzo de 2012

A OCA DO MEDIO

Os de 6º Curso realizamos un pequeno proxecto relacionado cos temas de Coñecemento do Medio; unha "Oca do Medio". Para realizalo tivémonos que repartir as tarefas: Xoán debuxou as fichas dos diferentes grupos, Laura dirixiu a elaboración do taboleiro, Giovanna ía anotando na lousa a marcha do proxecto, Martiño encargábase dos cálculos para que todas as medidas cadrasen ben  e  Aine, Lucía, Xeila, Elisa e Antonio elaboraron un montón de fichas con preguntas e respostas. Aínda que, a dicir verdade, a todos nos tocou facer un pouco de todo.



















venres, 9 de marzo de 2012

A PLANTAR!

E chegou o día e alí nos fomos todos,non faltou ninguén.
Ás 11:00 xa nos agardaban os autobuses para levarnos ó monte.Así que nos puxemos en marcha.
Cando chegamos o antigo vertedoiro de Fontesanta xa estaba todo disposto para empezar a tarefa,pero antes exploramos a zona e nos fixemos unha foto de grupo.
As vistas eran increibles.
En nada nos organizamos por grupos e collemos as ferramentas para empezar a plantar, a algúns selles daba mellor que a outros,pero todos participamos e iso que ía unha calor...
Foi moi divertido e interesante.
Podédesnos ver nas seguintes fotos o moito que traballamos...e ó rematar,como non, a merendar.























xoves, 8 de marzo de 2012

SAÍDA Ó MONTE!

Con motivo da saída ó monte que todo o colexio imos realizar mañá,hoxe os representantes da Comunidade de Montes de Comesaña, viñeron a darnos unha pequeña charla explicativa de nocións básicas sobre as plantacións.
Estivo moi interesante, a ver se mañá pomos en práctica todo o que aprendimos,xa vos contaremos.

luns, 5 de marzo de 2012

OS DE 3º CICLO FIXEMOS PAPEL RECICLADO

Mirade que ben o pasamos 5º e 6º facendo papel ecolóxico! Aproveitamos todo o papel que tiñamos por enriba das mesas e que xa non utilizabamos. Os pasos foron moi sinxelos.
Cortamos todo o papel en tiriñas de 3 cms. mais ou menos.

Cubrímolo todo de auga e despois de deixar a mestura abrandando nas cubetas, trituramos o papel mollado co batedor da profe.


A mestura de varias clases de papel produce texturas moi interesantes. A nosa tira a cor rosa...
Colocamos a pasta de papel enriba duns bastidores formados por dous marcos do mesmo tamaño. A continuación, outra malla que cobre o marco para sacar a auga sobrante cunhas esponxas.








Ó final, é importante escorrer ben a humidade. Nós colocamos as follas entre láminas de xornal.



Para o secado, cambiamos os xornais un par de veces e deixamos secar ata que os panos estean completamente secos.



A pasta de papel non debe gardarse mais dunha semana pois desprende un olor moi desagradable. Gustounos moito facer esta actividade. Animádeos!