martes, 24 de abril de 2012

MURAL DA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de sexto estivemos elaborando un mural para decorar a nosa biblioteca e, despois de moito esforzo, conseguimos acabalo para o "Día do Libro". Esperemos que vos guste¡¡



xoves, 12 de abril de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE

Por fin veu¡¡ Esta semana visitounos Gonzalo Moure, o autor de "Palabras de Caramelo", libro que lemos todos os alumnos do terceiro ciclo. O libro está basado nunha vivencia persoal do autor cunha nena "saharaüi", aínda que o protagonista do libro é  un neno sordomudo, Cori, que mantén unha relación moi especial co seu camelo, co que se comunica sen ningún problema.  Moi amablemente contestou a todas as nosas preguntas, contounos historias abraiantes e deunos algún consello para poder escribir tan ben coma el.


luns, 2 de abril de 2012

VISITA ÁS CÍES



O 21 de Marzo os alumnnos do 3º Ciclo fumos ás Illas Cíes de excursión. Foi divertidísimo. Dous días antes viñeron dous monitores ao centro a explicarnos cunha serie de xogos o que iamos facer durante a visita: características do parque, flora e fauna, normas a seguir...  




A viaxe en barco foi moi entretida, fumos vendo a paisaxe e, afortunadamente, ninguén se mareou.

















Os monitores plantexaron unha ruta pola illa chea de actividades, probas de búsqueda, de orientación, exploración, preguntas... coas que aprendemos moitas cousas acerca da flora e da fauna das Cíes. 











































A media mañá asomámonos aos cantís a ver a paisaxe, os niños das gaivotas patiamarelas e a sentarnos na cadeira da raíña.




























Unha vez que nos despedimos dos monitores aproveitamos para comer baixo unhas árbores e xogar na praia ata fartar.




























Unha vez chegou o barco a porto tivemos que volver e... deixáronnos ir arriba!! A ver se volvemos pronto!!