xoves, 31 de maio de 2012

SAÍDA DO 3º CICLO DE PRIMARIA AOS HUMIDAIS DE MUÍÑOS


Unha das zonas húmidas mais representativas do municipio de Vigo é a de Muíños, xunto coas da Bouza e Barreiros, que están en terreos públicos e foron obxecto de traballos de recuperación nos últimos anos.
O 15 de maio tivemos unha saída polos humidais de Muíños (en Comesaña) entre o campo de fútbol de Sto André e o paseo lineal do Lagares.




 Sabedes que é unha ZONA HÚMIDA?
É unha terra húmida pola achega, permanente ou temporal, de auga doce, salobre ou salgada de orixe natural ou artificial. Marismas, encoros e turbeiras son zonas húmidas.
A FLORA, que é a vexetación máis representativa, está formada por salgueiros, amieiros, hedras, lirios amarelos, xuncos, espadanas, buños, feos e fentos.



A FAUNA é moi variada. Nesta zona húmida poden verse 7 especies de anfibios e 5 de réptiles. Entre as aves acuáticas, destacan o lavanco real, a garza real e a pita de auga, que conviven con especies silvestres e cosmopolitas. A pintafontes verde habita neste humedal e o picaxuncos común tamén pode verse por Muíños.



Despois fixemos un xogo moi divertido para repasar o aprendido sobre a flora e a fauna desta zona húmida.


Ao final acompañounos Jose o monitor que foi connosco, de volta ata o colexio. Alí despedímonos cara unha próxima aventura, coñecendo un pouco máis o noso patrimonio natural do Concello de Vigo.

sábado, 26 de maio de 2012

HORTO ESCOLAR

Este ano puxemos en marcha o horto escolar. Como na clase de Educación Física aprendemos a coidar a nosa saúde e o noso corpo, decidimos aliarnos co lema "a comida saudable". Unha mestra moi achegada a nos agasallounos cunhas plantas de leitugas, tomates e tamén conseguimos unhas poucas de fabas.
PALMIRA, GRAZAS POLAS TÚAS PLANTAS
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI POÑER AS SEMETES NA TERRA E BOTARLLE AUGA
 CANDO XA ESTABAN CRECIDIÑAS, AS BOTAMOS NA TERRA
¡QUE TOMATE MÁIS BONITIÑO PARA BOTAR NA TERRA!
MIRADE COMO ESTÁN A MEDRAR AS NOSAS FABAS

Como agora xa ben o bo tempo, medran que da gusto, e de cando en vez temos que regalas. Temos que agradecerlle a Sol, a nosa conserxe, a súa axuda  neste proxecto.
En breve, informarémosvos de como sigue o noso horto, medra que medra.

luns, 21 de maio de 2012

O NOSO TRABALLO

Como xa vos comentáramos na entrada anterior, realizamos un pequeno traballo de investigación sobre Valentín Paz Andrade.E agora volo mostramos gráficamente,agardamos que vos guste.
Darlle as gracias a todo o alumnado e profesorado pola gran labor realizada.Son uns artístas.

xoves, 17 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas,durante este mes o alumnado e profesorado estivemos traballando e investigando sobre a figura de Valentín Paz Andrade, á que este ano se lle dedica dito día.
A parte dos recursos elaborados por nos mesmos,que pronto colgaremos,tamén utilizamos moitos outros de diversas institucións,ás que lles agradecemos o seu traballo e esforzo.Aquí vos deixamos unha serie de enlaces para que poidades saber un pouco mais deste polifacético personaxe.


http://www.valentinpazandrade.es/
http://seminariogalan.org/

Video musical de 2nafronteira, coa letra do poema Pranto Matricial,dedicado a Castelao.


http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html
http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas Dentro deste enlace se engloban moitos mais.

Pequeno telexornal,sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade, realizado polo alumnado e profesorado do CPI dos Dices en Rois.


venres, 4 de maio de 2012

Visita de Jacobo Fernández

O martes, día 24 de abril, visitounos na escola o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Todos os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo estabamos emocionados esperando a súa chegada e non deixamos de prestar atención a todo o que nos contou... Falounos das súas historias "A gardería de dona Bixelmina" e "Formigas de pedra", da súa nenez sempre vencellada aos libros, das súas inspiracións e motivacións para escribir... Ensinounos tamén ilustracións orixinais dos seus contos e asinounos cunha dedicatoria especial os nosos exemplares. Non podemos esquecer o agasallo que nos fixo, dúas ilustracións de personaxes moi coñecidos para nós: a dona Bixelmina e a nosa pequena amiga a formiguiña.







VISITA AO MUSEO DO MAR¡¡¡¡

    Hoxe fomos visitar o "Museo do Mar" de Vigo. Foi fascinante!!! As monitoras contáronnos un montón de cousas sobre a Ría de Vigo, sobre as antigas artes de pesca, as bateas, as especies máis cultivadas en Galicia... E antes de rematar a visita puidemos observar algunhas delas no acuario,coma os sargos, estrelas de mar, ourizos, rodaballos, linguados...