martes, 27 de novembro de 2012

SAÍDA Á FUNDACIÓN LAXEIRO

O luns, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha saída á Fundación Laxeiro. Uns días antes comezamos a pescudar un pouquiño sobre este home e descubrimos que era un pintor galego moi importante que tiña un museo adicado á súa obra no centro de Vigo. Vimos algúns dos seus cadros e copiamos algunhas das súas técnicas pictóricas, e fomos tan valentes que mesmo fixemos versións diferentes dalgunhas das súas obras.
 Ese día , ao chegar á Fundación,  adicámonos a ollar e escoitar e aprendemos que se pode pintar de moitos xeitos, con distintas cores, formas e utensilios; e nós tamén fomos quen de converternos en artistas durante uns intres inspirándonos neste xenial personaxe. Aí queda o recordo do noso paso por tan máxico lugar…

domingo, 25 de novembro de 2012


No colexio Párroco don Camilo festexamos o tradicional Magosto o vindeiro 9 de novembro.
Pasámolo xenial xogando aos xogos tradicionais pero sen dúbida o que máis nos gustou foron.... AS CASTAÑAS ASADAS!!!!



domingo, 11 de novembro de 2012

Conto de Samaín

O martes, 6 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º reunímonos cós nosos compañeiros de Infantil para escoitar un fermoso conto titulado "A casa do rato Renato". Era unha historia sobre cabazas, Samaín, Magosto...tempo de frío e escuridade. Parecía que ía dar moito medo..., pero nós non o tivemos porque xa somos maiores e sabemos un montón de cousas sobre as nosas tradicións.
Pasámolo moi ben e o tempo esvaeceuse case sen decatarnos...
 

luns, 5 de novembro de 2012

Horto escolar


Xa nos puxemos mans á obra co horto escolar, aquí tendes a mostra de que "quen sembra, recolta!"