venres, 21 de decembro de 2012

Xa rematou o primeiro trimestre, e parece que foi onte cando vós dabamos a benvida....
Dende o colexio queriamos desexarvos un feliz nadal e que este ano 2013 veña cheo de alegrías e de boas novas para todos.

Nas casas tendes os xornais impresos pero para que poidades disfrutar das magníficas fotografías con cor tendes aquí tamén o formato dixital (premede na foto para poder velo).

FELICES FESTAS!


domingo, 16 de decembro de 2012

A COSTUREIRA DAS ÁNIMAS

    Este é o título dun libro presentado este fin de semana no Centro Cultural Nautilius, o centro cultural de Santo André de Comesaña.  Os autores do libro son:  Suso Cubeiro, coñecido ilustrador, e Ana Prado, xornalista e editora ademais de veciña da nosa parroquia.

 

    Comprácenos moito que a presentadora do acto, á petición de Suso Cubeiro, fora a nosa Compañeira, Mestra e Xefa de Estudos Gladys.  Fixo un amplo recorrido pola traxectoria profesional de ámbolos dous autores do libro.  Foi un pracer escoitalos aos tres.  Moitas grazas a eles pola bonita e instrutiva tarde de sábado que pasamos.


 
 
 
 
 
 

martes, 4 de decembro de 2012

MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA


        Como salta á vista, aos de 5º gústanos a actividade física, sentirnos ben e ter un aspecto saudable.
        No primeiro trimestre estudamos os distintos aparatos que forman o noso corpo e as súas funcións.  Ao chegar á función de nutrición non podiamos deixar de lado a dieta saudable, os alimentos e os beneficios que nos achegan.
        Pero para bos alimentos os da nosa horta.  Vedes que leituguiñas tan ben feitiñas?  Temos un bo alcouve e é o momento de transplantalas para que podan medrar.  Algúns xa puideron saborear  algunha.
        Tamén é unha boa actividade física sacar as malas herbas e sachar un pouquiño a terra.
         Xa vedes, unha actividade física moi completa.