sábado, 21 de decembro de 2013

Festa do Nadal

Comezou a festa coa función de Susa Herrera

Dez impresionantes minutos que resumen a formidable actuación de Susa Herrea. Recomendo que a vexades de principio a fin e veredes como disfrutaron tanto os nenos e as nenas como as mestras.


E antes de ir a merendar ás clases, o Rei Mago recolleu todas as cartas dos alumnos do colexio.


Se necesitades as fotos picar no Rei Mago
https://plus.google.com/photos/112062043482200424006/albums/5959809272143823201


BON NADAL

mércores, 18 de decembro de 2013

Os alumnos de 2º, 3º e 4º de primaria tiveron a sorte de coñecer aos superheroes, recicliño e recicliña!
Viñeron a visitar o noso colexio coa súa furgoneta de reciclaxe.

Ensináronos todos os tipos de contedores que existen e que nos permiten reciclar o lixo!
Sabedes onde se botan as latas de refresco valeiras?... No contedor amarelo, si!

E onde van as botellas?.... No contedor de vidrio, si!

E unha bombilla?... No contedor de lixo, por suposto! Véxovos moi ben preparados! Pois mirade, mirade, nas imaxes ides a ver que ben reciclaron os nosos compañeiros....



luns, 9 de decembro de 2013


Os alumn@s de 4º e 5º de primaria aprendemos a facer sales aromáticas, así como algunhas das propiedades das plantas aromáticas. 
Pasamos un momento agradable, e volvemos todos á casa cunha mostriña das sales que fixemos. 

A ver quen se anima a facer un igual...


sábado, 9 de novembro de 2013

Magosto 2013

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAIN 2013


O pasado 30 de outubro celebramos o samaín e halloween no colexio. Todos os alumnos do colexio participaron na elaboración dun precioso mural realizado na aula de inglés e outro feito de sombras, sen esquecer as tan preciados calacús que resultaron todos moi inxeniosos e arrepianteeeeees!




Antes do recreo, os alumnos de infantil e primaria foron invitados a unha representación do conto "Corre corre, cabaciña" feito con sombras chinescas realizado polos alumnos de 4º de primaria.
E para rematar a xornada, todos os alumnos do colexio tiveron unha sesión de cine de "medo" aínda que como son todos moi valentes non houbo medo ningún.
Para que todos podades ver o resultado, aquí vos deixamos os vídeos. 

INFANTIL



PRIMARIA




(son dous xa que se fixeron dúas representacións)


HORTO ESCOLAR

Deixámosvos unhas fotos dos alumnos de cuarto e de quinto de primaria que estiveron plantando , espinaca, cenorias e cogollos. Están feitos todos uns xardiñeiros de primeira, plantan sementes, regan os campos e ademais colocan redes para protexer as súas plantacións!

Tamén estiveron repasando todo o que foron aprendendo sobre a pirámide alimentaria, que ademais resultou ser moi divertido. Seguide así, que o estades a facer xenial!



venres, 1 de novembro de 2013

DE PROFESIÓN: MATRONA


    O día 16 de outubro visitounos Sara, unha rapaza que se dedica a axudar ás futuras mamás no momento de dar a luz.  Os nenos e nenas de 5º e 6º escoitamos con atención as súas explicacións e fixémoslle un montón de preguntas que ela contestou amablemente.  Tamén nos amosou un vídeo sobre o parto que nos deixou a todos coa boca aberta.  Moitas grazas a Sara polas súas explicacións.


BISCOITO DE CABAZA

Os nenos e nenas de 1º andamos a voltas con iso das cabazas. Despois de velas na horta picounos a curiosidade e decidimos aprender máis cousas sobre elas. Trouxemos moitas a clase e decorámolas para o Samaín; pero no medio desta festa descubrimos unha receita de biscoito de cabaza... Puxémonos mans á obra e xunto cos nosos compañeiros de 4 anos convertímonos en cociñeiros por un día. Vaia traballo, non era tan doado como parecía...! Aprender a pesar, bater, barutar, mesturar...
O resultado foi moi doce e encantounos...

luns, 28 de outubro de 2013

SAMAIN 2013

... Samaín 2013 ...

Como xa sabedes o samaín xa está a piques de chegar... por iso dende o colexio queriamos deixarvos uns enlaces nos que poderedes atopar moitas actividades relacionadas co samaín.

Fai clic nas imaxes e descubrirás un montón de xogos a mar de divertidos, e incluso algúns vídeos!





E para mover un pouco o esqueleto...!!! (Como me gusta esta canción, aínda que esté en castelán...)





luns, 14 de outubro de 2013

ACHEGÁNDONOS Á HORTA

                                               A NOSA HORTA
 Os nenos e nenas de 1º comezamos a nosa andaina pola horta escolar. A profe díxonos que había novidades nela e acercámonos a pescudar. A alguén pareceulle ver por alí a Terri... pero non estamos seguros. O que si foi certo é que alí atopamos cabaciñas, acelgas, tomates... Para qué servirá todo iso? Xa veremos...

mércores, 26 de xuño de 2013

DON MOUCHO xuño 2013


Queridos nen@s e pais, Como ben sabedes o curso rematou, aínda que este ano custou pensar que estabamos en xuño con tanta choiva....

Pero por fin, podemos dicir alto e claro que: Si, xa chegou o verán e o SOL!

Dende o equipo de Normalización Lingüística non podiamos pechar este curso sen antes publicar o "DON MOUCHO" de xuño.

Como sempre, todas as clases mostran un gran esforzo na producción deste xornal que, como veredes a continuación, parece outro cando lle devolvemos todas as súas cores!

 Todos os membros do claustro desexámosvos a tod@s un feliz verán!


(Clicade na imaxe para ampliar)

luns, 27 de maio de 2013

Percussoes

O luns, día 27 de maio, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º recibimos a visita na escola de Paulo, un home nacido en  Brasil que sabía un montón de cousas sobre música e ritmos do seu país. Falounos da mestura de culturas no Brasil e da influencia que isto tivo na súa música e nas súas danzas.
Fíxonos cantar e bailar e contaxiounos o seu ritmo... Velaquí algunhas imaxes do que fixemos.

domingo, 19 de maio de 2013

Para conmemorar o día das Letras Galegas, celebrado o pasado venres 17 de maio, os alumn@s do colexio realizaron un libro sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño, personaxe homenaxeado este ano.

Deixámosvos un vídeo no que poderedes disfrutar do gran traballo feito.




luns, 13 de maio de 2013

O pasado martes día 7 de maio, os alumnos de 3º e de 4º de primaria realizamos unha excursión a Sabaris. Alí tivemos a sorte de poder elaborar o noso propio pan na panadaría "Yajoma" onde nos ensinaron todo o proceso da elaboración do pan. Despois fumos visitar o viveiro de Sabaris onde nos ensinaron gran variedade de plantas e árbores asi como tamén certas criaturas como... unha iguana, unha tartaruga, uns hamsters e incluso unhas serpes!

Pasámolo de marabilla, quedounos ganas de volver!


xoves, 2 de maio de 2013

CONTO ILUSTRADO.


Os nenos e nenas do cole recibimos a visita dunha marabillosa escritora e ilustradora chamada Violeta Monreal. Falounos sobre os seus libros e as súas técnicas para ilustralos (non facía os debuxos con pinturas e pinceis senón que rachaba papeis sen máis axuda que os seus dedos). Os seus libros daban resposta a preguntas tan interesantes como…QUE QUERES SER DE MAIOR? e os nenos de 2º a respostamos seguindo a técnica que ela nos amosou. A ver que vos parece…


venres, 26 de abril de 2013

Este martes 23 de abril, celébrouse o día do libro. Para celebralo tíñamos preparada unha sorpresa...
Como ben sabedes, alá polo mes de outubro empezamos unha andaina todos xuntos no mundo da creatividade e da imaxinación. 

Comezamos a escribir UN CONTO VIAXEIRO que tiña por protagonista unha folla... O conto viaxou, e viaxou e viaxou... por todas as clases do colexio... parecía que non ía rematar nunca a súa viaxe.
Pero... 

Tras moito traballo e esforzo, por parte de todos, redactando en galego e tamén en inglés, ilustrando cada unha das páxinas  con moito mimo e por último póndolle voz as nosas palabras... Aquí tedes o resultado! 

 Noraboa a todos, sodes uns artistas!


luns, 15 de abril de 2013

Visita a ANFACO

Os alumnos de 3º e 4º de primaria foron visitar o museo ANFACO no que pudemos realizar todo un percorrido pola historia da industria conserveira de pescados e mariscos no noso territorio. 

Mostráronos un vídeo no que descubrimos todo o proceso polo que pasan as conservas antes de poder comercializalas. 
Aquí vos deixamos as fotos.

venres, 15 de marzo de 2013

O pasado 27 de febreiro os nenos e nenas das clases de 1º, 2º e 3º de primaria contamos coa visita da escritora e ilustradora: Violeta Monreal.

Levabamos xa unha temporada lenda uns libros da súa nova colección que se chama:  "Preguntas para mentes despiertas". É unha serie de cinco libros que plantexa preguntas tales como: "Que animal che gustaría ser?" "Que desexo pedirías?" "Que che gustaría ser de maior?"...

Así que esperabamos impacientes a súa visita! Violeta estivo mostrándonos cal é a súa táctica para facer eses debuxos tan orixinais a base de recortes de papel. Deixounos a todos abraiados! Se queredes ver cal foi o resulta aqui vos deixamos unhas cuantas imaxes.


domingo, 3 de marzo de 2013

ENTROIDO

E o venres 8 de febreiro celebramos o ENTROIDO. Disfrazámonos, fixemos un gran desfile polo colexio e tamén cantamos e bailamos unha preciosa canción titulada "MENSAXES DA AUGA" do cantante Macaco. Como é costume, os de sexto fixéronnos rir coas súas estupendas coplas e por último... TODOS A BAILAR!!!!

 Pasámolo xenial!


O MECO DI...



O pasado 8 de febreiro celebramos o ENTROIDO. Tendo en conta que levamos xa moitos meses traballando o tema do aforro da auga e da enerxía decidimos confeccionar uns sinxelos disfraces todos relacionados con esa idea.
Por outra banda, o noso MECO " Augua Limpa" tamén cumpliu co seu cometido. Fíxonos levar cada día da semana un complemento moi divertido.

O luns: un gorro de ducha ou de piscina
O martes: unhas gafas
O mércores: un muíño
O xoves: un obxeto do baño

E.... tachán!..... este foi o resultado!



xoves, 21 de febreiro de 2013

PAZ E ENERXIA

Hai tempo que pasou, pero non o tiñamos contado aínda, ...tantas son as cousas que levamos tódolos días da nosa man!
O pasado 30 de Xaneiro os de infantil e mais o primeiro ciclo de primaria desfrutamos na Biblioteca dunha interesante charla sobre a importancia de aforrar enerxía, xa que como sabedes estamos embarcados nun proxecto de aforro de enerxía  "Lifegreencity" para sermos un cole mais eficiente e aprender como axudar o planeta a ter mellor saúde.



martes, 15 de xaneiro de 2013

Obradoiro sobre igualdade

O luns, día 14 de xaneiro, os rapaces e rapazas de 2º fixemos un obradoiro sobre igualdade na biblioteca do cole. Explicáronnos que entre os nenos e as nenas non hai diferencias fóra das físicas e que todos somos quen de xogar cos mesmos xogos, compartir a mesma roupa, facer os mesmos traballos... e que o máis importante non é ser un neno ou unha nena, senón ser quen de poñerse no lugar dos demais para poder ofrecerlle aquilo que a nós tamén nos gusta que nos den... CARIÑO, COMPRENSIÓN, COIDADO, RESPETO...
Aí deixamos algunhas fotos da actividade..