luns, 27 de maio de 2013

Percussoes

O luns, día 27 de maio, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º recibimos a visita na escola de Paulo, un home nacido en  Brasil que sabía un montón de cousas sobre música e ritmos do seu país. Falounos da mestura de culturas no Brasil e da influencia que isto tivo na súa música e nas súas danzas.
Fíxonos cantar e bailar e contaxiounos o seu ritmo... Velaquí algunhas imaxes do que fixemos.

domingo, 19 de maio de 2013

Para conmemorar o día das Letras Galegas, celebrado o pasado venres 17 de maio, os alumn@s do colexio realizaron un libro sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño, personaxe homenaxeado este ano.

Deixámosvos un vídeo no que poderedes disfrutar do gran traballo feito.




luns, 13 de maio de 2013

O pasado martes día 7 de maio, os alumnos de 3º e de 4º de primaria realizamos unha excursión a Sabaris. Alí tivemos a sorte de poder elaborar o noso propio pan na panadaría "Yajoma" onde nos ensinaron todo o proceso da elaboración do pan. Despois fumos visitar o viveiro de Sabaris onde nos ensinaron gran variedade de plantas e árbores asi como tamén certas criaturas como... unha iguana, unha tartaruga, uns hamsters e incluso unhas serpes!

Pasámolo de marabilla, quedounos ganas de volver!


xoves, 2 de maio de 2013

CONTO ILUSTRADO.


Os nenos e nenas do cole recibimos a visita dunha marabillosa escritora e ilustradora chamada Violeta Monreal. Falounos sobre os seus libros e as súas técnicas para ilustralos (non facía os debuxos con pinturas e pinceis senón que rachaba papeis sen máis axuda que os seus dedos). Os seus libros daban resposta a preguntas tan interesantes como…QUE QUERES SER DE MAIOR? e os nenos de 2º a respostamos seguindo a técnica que ela nos amosou. A ver que vos parece…