sábado, 9 de novembro de 2013

Magosto 2013

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAIN 2013


O pasado 30 de outubro celebramos o samaín e halloween no colexio. Todos os alumnos do colexio participaron na elaboración dun precioso mural realizado na aula de inglés e outro feito de sombras, sen esquecer as tan preciados calacús que resultaron todos moi inxeniosos e arrepianteeeeees!




Antes do recreo, os alumnos de infantil e primaria foron invitados a unha representación do conto "Corre corre, cabaciña" feito con sombras chinescas realizado polos alumnos de 4º de primaria.
E para rematar a xornada, todos os alumnos do colexio tiveron unha sesión de cine de "medo" aínda que como son todos moi valentes non houbo medo ningún.
Para que todos podades ver o resultado, aquí vos deixamos os vídeos. 

INFANTIL



PRIMARIA




(son dous xa que se fixeron dúas representacións)


HORTO ESCOLAR

Deixámosvos unhas fotos dos alumnos de cuarto e de quinto de primaria que estiveron plantando , espinaca, cenorias e cogollos. Están feitos todos uns xardiñeiros de primeira, plantan sementes, regan os campos e ademais colocan redes para protexer as súas plantacións!

Tamén estiveron repasando todo o que foron aprendendo sobre a pirámide alimentaria, que ademais resultou ser moi divertido. Seguide así, que o estades a facer xenial!



venres, 1 de novembro de 2013

DE PROFESIÓN: MATRONA


    O día 16 de outubro visitounos Sara, unha rapaza que se dedica a axudar ás futuras mamás no momento de dar a luz.  Os nenos e nenas de 5º e 6º escoitamos con atención as súas explicacións e fixémoslle un montón de preguntas que ela contestou amablemente.  Tamén nos amosou un vídeo sobre o parto que nos deixou a todos coa boca aberta.  Moitas grazas a Sara polas súas explicacións.


BISCOITO DE CABAZA

Os nenos e nenas de 1º andamos a voltas con iso das cabazas. Despois de velas na horta picounos a curiosidade e decidimos aprender máis cousas sobre elas. Trouxemos moitas a clase e decorámolas para o Samaín; pero no medio desta festa descubrimos unha receita de biscoito de cabaza... Puxémonos mans á obra e xunto cos nosos compañeiros de 4 anos convertímonos en cociñeiros por un día. Vaia traballo, non era tan doado como parecía...! Aprender a pesar, bater, barutar, mesturar...
O resultado foi moi doce e encantounos...