xoves, 18 de decembro de 2014

DON MOUCHO NADAL 2014

DON MOUCHO NADAL 2014

Queridas familias,


Como cada nadal, queremos facervos chegar o noso xornal escolar Don Moucho.
Agardamos que disfrutedes da súa lectura de xeito compartido nos fogares.
Agora que xa todos tendes na casa a edición en papel deixámosvos aquí a versión dixital a toda cor.
Saúdos e boas festas!

http://www.joomag.com/magazine/don-moucho-nadal-2014/0475805001418830746

mércores, 3 de decembro de 2014

Obradoiro de marmelada de ameixas e mazás 5º e 6º P

      Comezou decembro e xuntámonos quinto e sexto para falar das conservas alimenticias. Facendo un pequeno percorrido polos distintos métodos de conservación empregados dende a prehistoria ata a época actual, a titora de quinto fixo de “máster chef” para ensinarnos como se fai unha conserva moi doce e saborosa. Antes de comenzar coa parte práctica, collemos apuntes sobre as normas de hixiene para obter conservas seguras. Os tres pasos básicos son:

 • Esterilización dos tarros É preciso lavar tarros e tapas con auga quente e xabón. Este paso pode facerse no lavalouzas. Para maior seguridade ferverémolos (botes e tapas) durante 10 minutos e despois deixaremos que arrefríen e sequen boca abaixo.

 • Cocción Nesta parte deixamos os bolis para pasar á acción. A receita foi “Marmelada de ameixas vermellas e mazá” Ingredientes: 1 Kg de ameixas 750 gr de azucre ½ limón 1 mazá.

 • Envasado ao baleiro.

   Lavamos ben a froita e cortámola en anacos ( sen pelar). Pesámola e engadimos a parte correspondente de azucre. Deixámola repousar (nós tivémola toda a noite). Engadimos o limón e puxemos ao lume. Despois de que fervera precisou entre 20 e 30 minutos para facerse a marmelada. Se tivera moita escuma, retiraríamola e finalmente batese. 
    Procedemos ao envasado. Agora xa sabemos que tanto o azucre coma o limón axudan na conservación da marmelada. A mazá contén unha substancia chamada pectina que axuda a que a marmelada colla consistencia. Non é preciso botarlle mazá; simplemente haberá que cocer máis a froita ata que espese a nosa marmelada. Non é preciso empregar o batedor. Podemos pasar a marmelada polo pasapuré ou podemos envasala tal e como quede se nos gusta atopar “anaquiños” de froita. 
      • Envasado ao baleiro Neste caso ao tratarse dunha marmelada e dado o seu alto contido de azucre, enchimos os botes, pechámolos e fervémolos durante 10 minutos a baño maría. Para evitar que o bote se rompese puxemos un pano no fondo da tarteira. Pasados 10 minutos fervendo, apagamos o lume e deixamos que tempase dentro da pota. Terminou de arrefriar fóra e comprobamos que a tapa non afundía, sinal de que se fixo o baleiro. 

    As conservas deben gardarse en lugares con pouca luz e seco. E sempre que as abramos ten que facer o “pop” característico das conservas. Se a tapa está empenada non deberemos tomala nunca. Hai que ter moito coidado coas conservas. Se por calquera motivo sospeitamos delas é mellor tiralas. Non deben estar empenadas, nin con mofo, nin facer burbullas. En todos eses casos estarían en mal estado e poden provocar enfermidades. 

      Para rematar o obradoiro fixemos o que estabamos desexando dende o principio. A degustación do noso experimento na cociña. A verdade que nos puxemos as botas porque probamos dous marmeladas feitas por Elena e que xa estaban ben frías para probar. Unha era a de ameixas e mazá e a outra de melocotóns. Con tostas estaban riquísimas!!

martes, 2 de decembro de 2014

Obradoiro ciencias en 1º: Elaboración de crema dentífrica

Onte os nenos e nenas de primeiro comezamos a primeira semana do derradeiro mes do ano 2014 cunha actividade dinamizadora da lingua galega.
Nesta ocasión puidemos participar nun obradoiro de ciencias baixo o título "Elaboración de crema dentífrica".
Unha vez xuntos todos (os de 1º A e B) Paula, a monitora, contounos algunhas cousiñas e axiña puxémonos coas mans na masa a experimentar. Ao final levamos para a casa unha pequena mostra do que aprendimos facendo.
Logo na aula, como xa somos maiores e escribimos moi ben tivemos tempo para anotar a receita nos nosos cadernos e asi non esquecernos nin dos ingredientes nin do modo de facela.

mércores, 26 de novembro de 2014

OBRADOIRO "VIVINDO EN SAÚDE NO COLE" COS NENOS E NENAS DE 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA

O pasado luns 10 de novembro os nenos e nenas xuntámosnos para participar no obradoiro "Viviendo en saúde no cole" actividade iniciativa da Fundación Mapfre en colaboración coa Fundación Deporte Galego e Galicia Saudable e desenvolvida por Ciencia Divertida.
Aprendimos moitas cousas curiosas sobre os alimentos e o importante que é a auga na nosa dieta. Fixemos moitos xogos para non esquecer como debe ser unha alimentación saudable e mesmo convertímonos en científicos experimentando nun matraz o que se produce no noso estómago se comemos alimentos "vacios".

Magosto 2014

Con moi variados e divertidos xogos populares e por suposto degustando as saborosas castañas foi como o pasado 7 de novembro celebramos o magosto no C.E.I.P. Párroco don Camilo.

SAMAÍN 2014

O xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio.
Aínda que xa pasaron algunhas semanas dende aquela non queríamos deixar de compartir convosco o que foi deses días de preparativos e de traballo nas aulas para que celebrar un Samaín realmente monstroso e arrepiante.

Asi que aqui tendes unha mostra de todo ese traballo feito: o mural de Halloween que fixeron os nenos e nenas na aula de inglés, a exposición de cabazas monstrosas e arrepiantes calacús feita entre todos e a ambientación do centro.




E se queredes ver con detalle todo o traballo nas aulas e o que foi a celebración do Samín 2014 non tendes máis que desfrutar do seguinte vídeo.
Agardamos que o pasedes de medo.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d15280715k9818782o1l1/saman-2014




domingo, 9 de novembro de 2014

VISITA AO PORTO DE VIGO

O mércores 5 de novembro, os alumnos de 4º,5º e 6º de Primaria, realizaron a primeira saída do curso 2014-15.
Visitaron o Porto de Vigo, con motívo do 50 aniversario da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI). Fixeron un percorrido polos diferentes tipos de barcos, tanto os que faenan no noso cerco, como os que o fan en augas internacionais.
Despois os tiveron que recoñecer polo porto. Se eran de cerco, arrastre ou palangre. Finalmente, participaron nun concurso  moi divertido "Atrapa un millón de apertas", onde demostraron todo o aprendido na visita.
Gustounos moito!

xoves, 6 de novembro de 2014

O magosto

Esta semana estamos de cheo cos preparativos do magosto.
Para ir facendo boca ata que poidamos degustar as deliciosas castañas achegamos unha ligazón con recursos LIM para que afondedes un pouco máis neste costume.

LIM magosto




domingo, 26 de outubro de 2014

APRENDEMOS TENIS DE MESA CON NIGEL WEBB

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participamos na actividade de tenis de mesa. Visitounos Nigel Webb que é un gran xogador e entrenador deste deporte. Foi xogador da selección de Jamaica e da selección española. Agora ten a súa propia escola e adícase a ensinar este deporte aos nenos e nenas, ademais de ser entrenador de grandes xogadores, xa a nivel nacional. Moitas grazas a Nigel por visitarnos.

mércores, 22 de outubro de 2014

E para ir animándonos ata a festa....Medomedá

E para ir animándonos ata o día da festa deixámosvos uns enlaces con cancións:


  • Aqui o video de "Medomedá" incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça (Editorial Galaxia, 2014)




  • E aqui a canción "No samaín" incluída no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras. (Editorial Kalandraka)


martes, 21 de outubro de 2014

O samaín está a piques de chegar...

Como o samain está a piques de chegar deixámosvos uns enlaces con recursos LIM relacionados con esta festa tradicional de orixe celta. Só tes que picar nos enlaces e aparecerean deseguida.
  
Lim para infantil e 1º e 2º de primaria




Lim para primaria

De seguro que o pasades de medo...

sábado, 18 de outubro de 2014

XOGAMOS AO BALONMÁN

Hoxe contamos coa presencia de dous compoñentes do equipo de balonmán OCTAVIO. Un foi Germán, que é xogador do primeiro equipo e outra foi Viviana que é adestradora. Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, aprendemos moitas cousas sobre este deporte. Primeiro visionamos un pequeno vídeo e de seguido baixamos a practicar un pouco deste deporte ao patio cuberto. Ao remate, agasalláronnos cunhas entradas para o partido do domingo, onde xoga Germán. Moita sorte!!!.

COÑECE O TEU CLUBE

COMESAÑA SPORTING CLUB DE ATLETISMO Durante o mes de setembro, os membros do Clube de Atletismo COMESAÑA, visitáronnos e fixeron unha actividade deportiva con nós. Aprendemos moitas cousiñas sobre atletismo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Sara, que é unha das adestradoras, amosounos un video dos seus comenzos e como foi desenrolándose ao longo do tempo a súa carreira deportiva. Fíxonos moito aquel descubrir que foi alumna do noso centro e gustounos ver as súas fotos nos primeiros anos. Grazas a todos os campoñentes do Comesaña Sporting Clube.

martes, 24 de xuño de 2014

DON MOUCHO XUÑO 2014

Queridas familias,

Un ano máis rematamos o curso coa publicación dunha nova edición do xornal escolar "Don Moucho".

Sempre é custoso escoller entre todas as actividades que se foron facendo ao longo do curso e plasmar iso en dúas páxinas... Sorte que temos os blogues do colexio (da biblioteca: A GUIEIRA, de normalización: FONTE DOS FRADES, de infantil: FOLLAS DE MOREIRA...) na que podedes ir vendo todos os traballos que fumos facendo ao longo do curso.

Pero no queremos perder este lindo costume de convertirnos en pequenos xornalistas de cando en vez e publicar as nosas reportaxes!

Así que tendo en conta que como todos os anos, os presupostos non son suficientes para poder mandarvos exemplares con cor... deixámosvos a mostra do xornal oficial aqui para que a disfrutedes!
(Sentimos non poder ofrecer mellor calidade en certas imaxes e fotografías, pero era imposible publicar na web o documento coa calidade óptima...)



Dende o CEIP Párroco don Camilo desexámosvos a tod@s unhas felices vacacións de verán!

Parabéns a tod@s  polo voso esforzo e traballo!



venres, 20 de xuño de 2014

ALIMENTA-T BEN: FROITA NA ESCOLA

Os alumnos do Centro participamos no proxecto de FROITA NA ESCOLA, dentro do PROXECTA. A actividade consistíu en comer froita na escola todos os alumnos e aprender hábitos de comida saudable. Fixémolo durante a semana do 9 ao 13 de xuño. Durante os cinco días comemos: o luns plátano, o martes albaricoque, o mércores peladillos, o xoves melocotón e o venres paraguaio. Foi unha actividade moi interesante, aínda que veu un pouco tardía. De tódolos xeitos comemos froita de temporada, e algunha dela os nenos non a coñecían ou non a probaran nunca.

domingo, 8 de xuño de 2014

Saída ao Paar, en Campo Lameiro.

O xoves 5 de xuño os alumnos de quinto e sexto fixemos unha saída ao longo do día a un Parque Arqueolóxico de Arte rupestre na  provincia de Pontevedra, concretamente na localidade de Campo Lameiro.
O parque ten un itinerario cunha lonxitude de máis de 3 km o que facilita que os visitantes poidan gozar durante unhas horas dunha extraordinaria paisaxe cultural chea de petroglifos onde contemplar os principais motivos e escenas que se plasmaron nos gravados rupestres galegos.
Tivemos unha boa oportunidade para aprender o significado dun petroglifo, como foron executados, identificar os motivos e escenas máis frecuentemente representados neles e mesmo coñecer a forma de vida dos seus creadores. Ademais os petroglifos galegos son un dos máis destacados conxuntos de arte rupestre ao aire libre do continente europeo.

Durante o percorrido, pódese ver tamén a recreación dun pequeno poboado de hai uns 4000 anos integrado por varias cabanas, estruturas de almacenamento e cercados para os animais construídos cos mesmos materiais que no pasado, coa intención de achegarnos á vida cotiá durante a Idade do Bronce.
Tivemos moitísima sorte co tempo que amenazou choiva durante todo o día. Nada máis meternos no autobús sobre as cinco da tarde comenzou a diluviar ata chegar a Vigo.
Pasámolo moi ben!

Campo Lameiro

venres, 6 de xuño de 2014

APRENDEMOS A TRANSPLANTAR

Os nenos e nenas de 5 anos B tiñamos que empezar hai tempo a transplantar os chícharos que tiñamos nas macetas, pero como non deixaba de chover a horta estaba imposible. Daquela cando quixemos facelo os noso chícharos morreran. Pero non houbo problema a falta de chícharos trasplantamos xudías...O importante é aprender! Ollade que ben o facemos!

mércores, 4 de xuño de 2014

BÚSQUEDA DO TESOURO COS CULTIVOS DE GALICIA

Os alumnos e alumnas de Primaria fixemos unha Búsqueda do Tesouro con toda a información recollida no noso Proxecto Documental Integrado "Os cultivos de Galicia". Despois elaboramos entre todos un mural.

martes, 3 de xuño de 2014

EN 4º PLANTAMOS UN CASTIÑEIRO

Os alumnos de 4º de Primaria plantamos un castiñeiro. Fixémolo nunha maceta porque o tempo de trasplantalo e no inverno. Primeiro botámoslle unhas pedras no fondo para que drene, despois puxemos terra, metemos a árbore e recheamos ata o borde. Por último regamos. No inverno o plantaremos no patio do colexio.

luns, 2 de xuño de 2014

Despedida do alumnado de 6º

Así foi a despedida do alumnado de 6º


Festival de Fin de Curso 2.014. PRIMARIA

"Concurso de natación"
1º de EP



"Cha, Cha, Cha" 
2º de EP



"Canon". Flauta
3º de EP



"Chey, chey, Kule" 
4º de EP



"Capital tropical"
3º de EP



"Curtain up"
5º e 6º de EP




"El teloj sincopado"
2º de EP



"Ostinato". Flauta
4º de EP



"Diamond". Ritmo
5º de EP



"Sacapenas"
4º de EP



"Happy"
5º e 6º de EP


"El toro Ferdinando"
5º de EP 


"Despedida" 
6º de EP

"As fotos"

sábado, 31 de maio de 2014

Festival de Fin de Curso 2.014. INFANTIL


"Drilo, Drilo, El cocodrilo"
4º de Educación Infantil"


"La ratita presumida"  
5º de Educación Infantil"

"Momia de colores"
5º de Educación Infantil



"Happy"
6ºA de Educación Infantil


"El rock del reloj"
6ºA de Educación Infantil



"Animales"
6ºB de Educación Infantil 


"10.000 maneras"
6ºB de Educación Infantil


"Good bye, friends"
4º,5º e 6º de Educación Infantil


RESUMEN EN FOTOS

Festival fin de curso. HAPPY

HAPPY EN PÁRROCO DON CAMILO

xoves, 29 de maio de 2014

CREANDO CONTOS EN GALEGO

Os nenos e nenas de 1º de Primaria veñen de "publicar" o seu primeiro conto colectivo. Aproveitando o seu traballo sobre o noso Proxecto Documental Integrado escribiron, ilustraron e gravaron un precioso conto sobre...unha cabaza! Como o publicaron no noso blog de biblioteca, deixámosvos AQUÍ o enlace. Pasade a desfrutar del.

luns, 26 de maio de 2014

SEMENTANDO EN PRIMAVERA

Como xa estamos en primavera e mellorou un pouquiño o tempo, puidemos sair a nosa horta a plantar algúns dos cultivos que estudiamos dentro do noso proxecto documental integrado. Outros, aínda que non están dentro do proxecto, son típicos desta estación e se dan moi ben na nosa horta. Agora esperamos que o sol e a auga fagan o resto. Pero chuvia pouquiña que xa levamos dabondo.

mércores, 21 de maio de 2014

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO

O segundo ciclo de Primaria (3º e 4º) estivemos neste curso no museo do mar, vendo unha exposición de aparellos de pesca. fixemos xogos mariñeiros, visitamos o acuario e contemplamos o esqueleto dunha balea-cachalote. Pasámolo moi ben!!
Vede dúas presentacións coas fotos que fixemos alí.

domingo, 18 de maio de 2014

XOGAMOS AO BADMINTON NO MANOEL ANTONIO

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria, dentro da actividade que xa fixeramos no centro COÑECE O TEU CLUBE, fomos ao Instituto Manoel Antonio a xogar ao badminton. Organizado polo clube Rachaplumas en colaboración coa Xunta de Galicia.

COÑECEMOS AS CAPITAIS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

Os alumnos e alumnas de 5º, traballamos co paracaídas uns xogos nos que repasamos as capitais das comunidades autónomas de España. Os xogos foron: O xogo dos nomes, o igloo, o xogo dos intercambios, queixo, pan e tomate e os crocodilos. Nestes xogos identificamos a comunidade autónoma coa súa capital.

APRENDIMOS AS CAPITAIS DE EUROPA

Os alumnos de 6º de Primaria aprendimos as capitais de Europa xogando co paracaidas. Tamén démoslle un repasiño aos países e ao continente ao que pertencen, asi, como interpretar ou imitar algún dos seus monumentos máis coñecidos. Os xogos que fixemos foron: -O xogo dos nomes: Cando a mestra nomeaba un país cruzábase por debaixo do paracaídas coa súa capital e a nomeaban, cambiándose de sitio. -O igloo: Todos inflan o paracaídas nomeando o país que son coa súa capital e a orde da mestra, métense todos debaixo, totalmente tapados. -Intercambios: Agora intercámbianse por debaixo do paracaídas só os países nomeados pola mestra. -Queixo, pan e tomate: Con etiquetas, puxéronnos varios países a cada un e cando a mestra nomea un continente, todos os países pertencentes ao mesmo se cambian. -Crocodilos: O xogo anterior, pero cambiandonos por debaixo en cuadrupedia. -Figuras do mundo: O país nomeado pasa por debaixo do paracaídas e cando saia ten que facer unha figura ou monumento típico do continente ao que pertence e os demais adiviñan o nome.

xoves, 8 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Este ano o autor homenaxeado no día das Letras Galegas é: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO




Xosé María Díaz Castron naceu en Guitiriz, na provincia de Lugo en 1914. Pasa parte da súa escolaridade no seminario de Mondoñedo onde empeza a escribir as súas primeiras poesías.  É autor dun único libro publicado no ano 1961, "Nimbos" que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega.

Aquí tedes uns anacos das súas poesías:



Tamén vós deixamos unha serie de actividades e un vídeo no que poderedes descubrir moito máis sobre  Xosé María Díaz Castro.


PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES

















FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!




mércores, 7 de maio de 2014

Traballo de primavera na horta

Como xa chegou a primavera e parece que deixou de chover un pouquiño, os nenos e nenas de 1º decidimos traballar na horta, preparando a terra para sementar as nosas pebidas de cabaza. Primeiro aireamos a terra, tiña algúns grumos e estaba algo húmida, pero aplicámonos moito no noso traballo. Así que ao día seguinte voltamos e fixemos pequenos buratiños, onde botamos as sementes que tapamos con máis terra para rematar.
Agora a coidalas, regando de cando en vez e esperando a que a natureza faga o resto.

xoves, 1 de maio de 2014

DIA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS TAMÉN EN GALEGO

Por primeira vez este curso sumámonos a unha iniciativa que xa se leva facendo noutros coles dende hai varios anos. Nos días anteriores a esta cita tocou escoller libros axeitados para os nenos e nenas que nos ían escoitar e presentarse a eles nas diferentes aulas dos pequenos do cole.  Na lista de lecturas escollidas, que ao final gustaron moito a todos, tiñamos lecturas e castelán e tamén en galego.
A responsabilidade de apadriñar tocoulle os cursos de 2º a 6º de Primaria. Todos preparáronse prestando moita atención a tódolos detalles. Os afillados e afillados agardaron entusiasmados, mesmo os mais pequeniños. Chegado o día os padriños e as madriñas espalláronse por todos os rincóns cos seus afillados e afilladas convertendo o Colexio nun espazo de fantasía e de maxia  onde  padriños e madriñas fixeron de estupendos contacontos mentres que os seus afillados e  afilladas prestaban a máxima atención.
O Colexio encheuse de moreas de historias, sorrisos, murmurios, miradas,............pero as imaxes falan por si soas.




luns, 28 de abril de 2014

COMENZAMOS OS CULTIVOS DE PRIMAVERA

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, aproveitamos que nos agasallaron cunhas plantas de calabacín e as plantamos na nosa horta. Primeiro fixemos os buratos na terra, despois botámoslle un pouco de abono, introducimos a planta no burato e tapamos con terra. Como xa estaba o día de chuvia, non tivemos que regar.

sábado, 26 de abril de 2014

TRABALLAMOS OS DIFERENTES MÚSCULOS DO CORPO

Os alumnos do 3º ciclo traballamos os músculos do corpo. A mestra propuxo un xogo: sacando unha etiqueta dunha bolsa, atopámonos co nome dun músculo, o cal tiñamos que pegar no sitio acertado nun mural. Despois, coa axuda da mestra, propoñiamos un exercicio ximnástico e de movemento para traballar ese músculo. Aprendimos músculos da cabeza como frontal e temporal. Tamén músculos do tronco como o esternocleidomastoideo, pectoral, trapecio, abdominais, dorsais e glúteos. Coñecimos músculos das extremidades superiores e inferiores como biceps, triceps, deltoides, cuadriceps e xemelgos.

domingo, 13 de abril de 2014

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 3º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 2º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 1º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

sábado, 12 de abril de 2014

XOGOS DE PRIMAVERA

No 1º e 2º ciclo, fixemos XOGOS DE PRIMAVERA, para traballar o cambio de estación. Usamos material de todo tipo: balóns, pinzas da roupa, vasos de plástico, botellas, rotuladores, cordeis, pelotas de ping-pong... Os nosos xogos foron: 1. Por parellas, un tiña que esconder unha pinza da roupa no Ximnasio e o compañeiro tiña que atopala. 2. Por parellas, con vasos de iogur e unha pelota de ping-pong, tiñamos que lanzar a pelota ao compañeiro e collela co vaso. 3. Por tríos, dous se pasaban o balón e o tercer compañeiro tiña que facerse co mesmo. 4. Fixemos un circuito con botes de plástico e tivemos que desplazarnos polo mesmo de xeitos diferentes: a pata coxa, correndo, en cuadrupedia, sentados... 5. Tivemos que practicar a puntería, derribando vasos de plástico con pelotas de goma. 6. Colgámonos un rotulador da cintura e tivémolo que introducir na boca dunha botella sen axuda das mans.

RECIBIMOS A PRIMAVERA NO 1º CICLO DE PRIMARIA

RECIBIMOS A PRIMAVERA Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, recibimos a primavera plantando flores. Como temos dous novos xardíns no colexio aproveitamos para poñelos bonitos e coñecer algúns tipos de flores: gazanias, alegrías, uña de gato, begonia, margaridas, gladiolos enanos e taxetes. Primeiro preparamos a terra facendo o burato, botámoslle dentro un pouco de abono orgánico de cabra, puxemos a planta, botámoslle terra hasta cubrila e puxémoslle os nomes. Non as regamos ao remate, porque a terra xa estaba moi húmida e empezaba a poallar.

XOGAMOS AO BADMINTON EN 4º E 5º DE PRIMARIA

XOGAMOS AO BADMINTON Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria aprendemos a xogar ao badminton. Visitounos Javier Vila Mao, entrenador do clube Rachaplumas. Dentro do programa COÑECE O TEU CLUBE fixo unha actividade de iniciación onde aprendemos diferentes toques da pluma coa raqueta, os saques, algúns xogos... e contounos a orixe deste deporte, os países onde máis se practica e quen son os xogadores nacionais e internacionais máis coñecidos. Foi unha primeira toma de contacto, posto que durante o terceiro trimestre traballaremos na clase de educación física este deporte.

domingo, 6 de abril de 2014

VISITA AO MARCO

Aos nenos e nenas de 5 anos gústalles moito a arte e, ademais de traballar con el na clase e aprender a ser uns verdadeiros artistas, o outro día visitaron o museo Marco de Vigo e desfrutaron un mundo nas súas sás. Velaiquí tedes as fotos.


Marco5anosA - Video Maker

Os nenos e nenas da aula de 5 anos B fixemos arte con chícharos e despois tamén fomos cos nosos compañeiros visitar o MARCO.

sábado, 29 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO 2º CICLO

Con motivo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, os alumnos e alumnas de 2º ciclo, participamos na lectura do conto O PAIS DOS MANDÓNS. A mestra de Educación Física leunos o conto e despois elaboramos a constitución do noso colexio, que era o que todos os nenos e nenas deste colexio queriamos para vivir nun pais de igualdade. Fixemos unha búsqueda do tesouro e os nenos e nenas fomos a buscar, coa axuda do mapa e as pistas os artigos da nosa constitución que estaban escondidos polo patio. Despois de atopalas, cada grupo leu as súas e pegounas no mural como remate do conto. A mestra agasallounos cun lazo morado como símbolo da celebración do día da muller.

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER NO 1º CICLO

Con motivo da celebración do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, os alumnos e alumnas de 1º ciclo, participamos na lectura do conto O PAIS DOS MANDÓNS. A mestra de Educación Física leunos o conto e despois elaboramos a constitución do noso colexio, que era o que todos os nenos e nenas deste colexio queriamos para vivir nun pais de igualdade. Fixemos unha búsqueda do tesouro e os nenos e nenas fomos a buscar, coa axuda do mapa e as pistas os artigos da nosa constitución que estaban escondidos polo patio. Despois de atopalas, cada grupo leu as súas e pegounas no mural como remate do conto. A mestra agasallounos cun lazo morado como símbolo da celebración do día da muller.

martes, 25 de marzo de 2014

OS NENOS E NENAS DE 1º CICLO VISITAMOS O MARCO

O pasado 6 de marzo os nenos e nenas de 1º ciclo visitamos a exposición "Veraneantes" do programa educativo "Aquí e agora" do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.
Nada máis chegar xuntámonos todos no "Laboratorio das artes" onde o personal educativo do museo explicounos moitas cousas interesantes sobre creatividade, a arte, os museos...e nós fixémoslles unha morea de preguntas.
Por suposto que tamén visitamos á exposición. Quedamos impresionados coas diferentes obras de arte, esculturas e proxectos que vimos: "A columna sen fin", "O concetto spaziale", "Papá, de mayor quiero ser policía", "Columnas", esculturas de apertas, receitas escritas na parede, etc.
E ata puidemos facer as nosas obras de arte no obradoiro de "Pratos combinados" sacando de dentro de nós a arte que todos levamos dentro.
Aquí vos deixamos una recompilación de fotiños para que vexades que ben o pasamos.
Aburiño!


sábado, 15 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO TERCEIRO CICLO

O día 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller e no noso colexio decidimos facer no 3º ciclo unha búsqueda do tesouro. Queríamos que os nosos alumnos e alumnas coñeceran a importe labor dalgunhas mulleres. Decidimos coñecer mulleres de ONTE como Clara Campoamor, Concepción Arenal, Federica Montseny e Margarita Salas. E tamén mulleres de HOXE como Edurne Pasabán, Genma Mengual, Almudena Cid e Angela Pumariega. As mulleres de onte loitaron moito polos dereitos das mulleres e pola investigación e o estudio e as mulleres de hoxe son unhas grandes deportistas.
Co mapa do colexio, repartimos os grupos e tiveron que buscar as pistas indicadas. Cada pista atopada contabanos a labor de cada unha desas mulleres. Ao remate da búsqueda montamos toda a información atopada nun mural que colocamos na entrada do colexio.

 OS XOGOS TRADICIONAIS NO 2º CICLO
 Os alumnos e alumnas do 2º ciclo coñecimos algúns xogos tradicionais, as súas normas, a procedencia e o seu nome en inglés. Xogamos á petanca, ás canicas, ao chito e ao ferrón.

OS XOGOS TRADICIONAIS NO 1º CICLO 
Os alumnos e alumnas de 1º ciclo de Primaria coñecimos os xogos tradicionais, as súas normas e lugar de orixe. Tamén aprendimos o seu nome en inglés. Xogamos a petanca, as canicas, a raiuela e ao chito.

COÑECEMOS OS XOGOS TRADICIONAIS NO 3º CICLO

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo, coñecimos algúns xogos tradicionais, aprendimos as súas normas de xogo, o seu orixe e incluso o seu nome en inglés. Xogamos a petanca, as canicas, o chito, o ferrón e a peonza.

luns, 3 de marzo de 2014

Entroido 2014

Resumo en fotos do Entroido

Vídeo da canción ""cultivos da horta", lectura de coplas, lectura do testamento e despedida do Entroido. 

Se queres baixar as fotos, picar desta imaxe.

domingo, 2 de marzo de 2014

xoves, 20 de febreiro de 2014

Os rapaces de 5º e 6º, seguimos experimentando entre pipetas, embudes de separación,filtros, probetas e imáns de laboratorio. Nesta ocasión traballamos con sustancias puras e con mesturas homoxéneas e heteroxéneas, disolucións e filtracións. Tamén fixemos medicións onde repasamos conceptos de masa, volume e densidade. Por último, observamos a forza de atracción e repulsión entre polos magnéticos.

mércores, 19 de febreiro de 2014

PAN DE CENTEO


    Aos de 6º tocounos o centeo como alimento a traballar no Proxecto Documental Integrado.

    Despois de investigar chegamos ás seguintes conclusións:

  • O centeo é un cereal que constituíu a base da alimentación galega.
  • Cultívase en zonas frías de montaña e con pouco chan.  Nas provincias de Lugo e Ourense principalmente.
  • A forma de sementalo chámase "volea".  Nós fixemos a nosa sementeira particular na horta do cole.  Esperamos que con tanta chuvia non saia "nadando".
  • As súas raíces poden estenderse ata 10 m. na procura de humidade.
  • O pan feito con fariña de centeo é menos esponxoso que o feito con fariña de trigo, pero máis que o feito con fariña de millo.
    Así que, visto todo  o anterior, atrevémonos a facer pan (grazas a que temos unha cociña no cole).  Empregamos fariña de trigo e de centeo.

    O noso pan non levaba noces e pasas como o que lles regalamos ás profes, xa que non nos gustan.  A receita é a seguinte:

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12,5 gr de fermento fresco de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 280 ml de auga (aproximadamente)
  • Noces e uvas pasas (se son do noso gusto)   

luns, 17 de febreiro de 2014

Biblioteca Pública Nodal de Vigo

Do mesmo xeito que a nena e o grilo foron a unha biblioteca en busca de novas aventuras, os nenos e nenas de 2º de primaria visitamos o xoves 13 de febreiro a Biblioteca Pública Nodal de Vigo, máis coñecida como Biblioteca Central.
Para emprender esta viaxe non fomos en barquiño, senón en autobus.
Saimos do colexio moi contentos e comezamos a nosa viaxe, mirando dende a perspectiva do bus, algúns fermosos lugares da nosa cidade: estadio de Balaidos, parque de Castrelos, Praza de América, o porto...e chegamos á porta do Sol, referencia para situarnos e poder levar nós soíños ata a biblioteca as nosas familias.
Ao chegar comprobamos que alí non estaba Don Ramón, pero igualmente nos recibiron moi amablemente dúas bibliotecarias que nos amosaron o edificio, puxéronnos un vídeo, e escoitamos atentamente o que nos explicaron e asi aprendimos moi ben o funcionamento e normas desta biblioteca.
Logo tivemos tempo de sumerxirnos nas páxinas dalgúns dos moitos libros que alí se atopan: de aventuras, de ciencia-ficción, de poesía, de banda deseñada, de animais.....un sinfín de libros por coñecer.
Ao final despedímonos e demoslles as grazas por invitarnos a coñecer esta fermosa biblioteca da nosa cidade. 
De seguro que voltaremos axiña acompañados das nosas familias!

martes, 4 de febreiro de 2014


O pasado xoves 30 de xaneiro, como ben sabedes, celebramos o Día da Paz.

Primeiro tocou remetar o mural da Paz que fixemos entre tod@s, seguindo a fráse tan emblemática de Nelson Mandela que di: " A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo". Xa tiñamos os nosos personaxe a piques de despegar no globo aeroestático, só quedaba engadirlles as palomas da paz que cada neno do colexio foi colocando con moito coidado.

Por outra banda, e para dar a coñecer algo mellor a figura de Nelson Mandela, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria mostráronos unha presentación moi sinxela sobre Madiba. Aprendimos todos moitas cousas sobre a loita que levou Mandela ao longo da súa vida, contra o apartheid, como conseguiu chegar a presidente de Sudáfrica e incluso chegamos a velo bailar!

Unha xornada na que aprendimos cos corazóns!

Deixámosvos as imaxes do día e tamén a presentación en power point por se vos interesa velo na casa.






xoves, 30 de xaneiro de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL

Os nenos e nenas de 1º saímos de visita o martes, día 28 de xaneiro, a un lugar moi interesante no que atopamos un montón de historias emocionantes que agardaban agochadas nos andeis a nosa chegada. Estabamos nerviosos e emocionados e nada máis chegar ao cole xa nos preparamos para marchar pois o tempo corría moi a présa. Despois dun pequeno traxecto en bus chegamos ao centro de Vigo e alí vimos un fermoso edificio con balcóns , cristaleiras e cheo de luz… a BIBLIOTECA CENTRAL, ou tamén chamada biblioteca JUAN COMPAÑEL. Explicáronnos moitas cousas sobre o edificio, o seu uso, as instalacións, as normas …
Agora todos quedamos con moita gana de facernos socios, así que … haberá que animarse!

domingo, 26 de xaneiro de 2014

ESTUDIAMOS OS ÓSOS DO ESQUELETO NO 3º CICLO DE PRIMARIA

Primeiro fixemos un esqueleto e rotulamos en tarxetas os nomes dos ósos. Cada neno collía unha tarxeta co nome dun óso. De seguido o pegamos no esqueleto e cada un propuña un exercicio ximnástico que traballara ese óso. Rematamos relizando os exercicios propostos.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

XOGOS DE INVERNO CO 2º CICLO DE PRIMARIA

Os nenos de 2º ciclo traballaron o cambio de estación facendo xogos de inverno. Xogaron ao tiro ao paraugas, ao come-castañas, ao sol e a neve, aos bolos e ao encesto-tiro. O encesto-tiro elaborámolos nós cun vaso de plástico, un cordel e unha pelota pequena.

EN 1º CICLO DE PRIMARIA TRABALLAMOS AS PARTES DO CORPO

OS ALUMNOS DE 1º CICLO DE PRIMARIA TRABALLARON AS PARTES DO CORPO

Primeiro fixemos unha silueta para rechear. Despois cada neno escolleu unha parte do corpo, que pegou na silueta. De remate cada alumno propuxo un exercicio ximnástico coa parte do corpo que lle tocara e todos o repetiron.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Preparándonos para o día da PAZ e da non violencia

Como ben sabedes o próximo día 30 de xaneiro festexamos o día da Paz e da non violencia. Este ano queremos homenaxear a Nelson Mandela.

Para que podades coñecer algo máis da súa vida, e da súa loita para abolir o apartheid déixovos unhas imaxes con algunhas das súas frases célebres, un cómic que resume dunha forma moi sinxela a súa vida e os seus orixes, un vídeo sobre a súa vida (para os maiores) e un vídeoclip do coñecido grupo U2 que adica unha fabulosa canción a Nelson Mandela.










Cómic: fai clic na imaxe para poder lelo.


Vídeos:




Videoclip.




domingo, 12 de xaneiro de 2014

XORNAL DON MOUCHO NADAL2013

Nova edición de don Moucho, Nadal 2013!

Perdoade a espera, tivemos algún contratempo... novas tecnoloxías!

Espero que disfrutedes da lectura en familia.



xoves, 2 de xaneiro de 2014




fotos planto 2º - presentacion imagenes
 OS ALUMNOS DE 1º CICLO PLANTAMOS NA HORTA ESCOLAR
1º Preparamos a terra e fixemos os buratos.
2º Plantamos as leitugas e berzas pechando os buratos con abono e terra por riba.
3º Regamos ben.

PLANTAMOS CENTEO


CENTEO - presentacion imagenes
OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PLANTAMOS CENTEO
1º Preparamos a terra.
2º Sacamos abono do noso composteiro.
3º Plantamos a semente.
4º Botámoslle abono.
5º Non regamos porque a terra estaba húmida e o centeo non necesita moita auga.
O NOSO SISTEMA CIRCULATORIO: MEDIMOS AS PULSACIÓNS EN REPOSO E DESPOIS DO MOVEMENTO

Os alumnos de 2º e 3º ciclo

medimos as pulsacións en reposo

Despois fixemos exercicio

un pouco de movemento

Unhas carreiras de relevos

con diferentes desplazamentos

Medimos as pulsacións despois do exercicio a anotamos os resultados   


Os comparamos coas táboas que nos deu a mestra para comprobar que todos estabamos ben