xoves, 20 de febreiro de 2014

Os rapaces de 5º e 6º, seguimos experimentando entre pipetas, embudes de separación,filtros, probetas e imáns de laboratorio. Nesta ocasión traballamos con sustancias puras e con mesturas homoxéneas e heteroxéneas, disolucións e filtracións. Tamén fixemos medicións onde repasamos conceptos de masa, volume e densidade. Por último, observamos a forza de atracción e repulsión entre polos magnéticos.

mércores, 19 de febreiro de 2014

PAN DE CENTEO


    Aos de 6º tocounos o centeo como alimento a traballar no Proxecto Documental Integrado.

    Despois de investigar chegamos ás seguintes conclusións:

  • O centeo é un cereal que constituíu a base da alimentación galega.
  • Cultívase en zonas frías de montaña e con pouco chan.  Nas provincias de Lugo e Ourense principalmente.
  • A forma de sementalo chámase "volea".  Nós fixemos a nosa sementeira particular na horta do cole.  Esperamos que con tanta chuvia non saia "nadando".
  • As súas raíces poden estenderse ata 10 m. na procura de humidade.
  • O pan feito con fariña de centeo é menos esponxoso que o feito con fariña de trigo, pero máis que o feito con fariña de millo.
    Así que, visto todo  o anterior, atrevémonos a facer pan (grazas a que temos unha cociña no cole).  Empregamos fariña de trigo e de centeo.

    O noso pan non levaba noces e pasas como o que lles regalamos ás profes, xa que non nos gustan.  A receita é a seguinte:

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12,5 gr de fermento fresco de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 280 ml de auga (aproximadamente)
  • Noces e uvas pasas (se son do noso gusto)   

luns, 17 de febreiro de 2014

Biblioteca Pública Nodal de Vigo

Do mesmo xeito que a nena e o grilo foron a unha biblioteca en busca de novas aventuras, os nenos e nenas de 2º de primaria visitamos o xoves 13 de febreiro a Biblioteca Pública Nodal de Vigo, máis coñecida como Biblioteca Central.
Para emprender esta viaxe non fomos en barquiño, senón en autobus.
Saimos do colexio moi contentos e comezamos a nosa viaxe, mirando dende a perspectiva do bus, algúns fermosos lugares da nosa cidade: estadio de Balaidos, parque de Castrelos, Praza de América, o porto...e chegamos á porta do Sol, referencia para situarnos e poder levar nós soíños ata a biblioteca as nosas familias.
Ao chegar comprobamos que alí non estaba Don Ramón, pero igualmente nos recibiron moi amablemente dúas bibliotecarias que nos amosaron o edificio, puxéronnos un vídeo, e escoitamos atentamente o que nos explicaron e asi aprendimos moi ben o funcionamento e normas desta biblioteca.
Logo tivemos tempo de sumerxirnos nas páxinas dalgúns dos moitos libros que alí se atopan: de aventuras, de ciencia-ficción, de poesía, de banda deseñada, de animais.....un sinfín de libros por coñecer.
Ao final despedímonos e demoslles as grazas por invitarnos a coñecer esta fermosa biblioteca da nosa cidade. 
De seguro que voltaremos axiña acompañados das nosas familias!

martes, 4 de febreiro de 2014


O pasado xoves 30 de xaneiro, como ben sabedes, celebramos o Día da Paz.

Primeiro tocou remetar o mural da Paz que fixemos entre tod@s, seguindo a fráse tan emblemática de Nelson Mandela que di: " A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo". Xa tiñamos os nosos personaxe a piques de despegar no globo aeroestático, só quedaba engadirlles as palomas da paz que cada neno do colexio foi colocando con moito coidado.

Por outra banda, e para dar a coñecer algo mellor a figura de Nelson Mandela, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria mostráronos unha presentación moi sinxela sobre Madiba. Aprendimos todos moitas cousas sobre a loita que levou Mandela ao longo da súa vida, contra o apartheid, como conseguiu chegar a presidente de Sudáfrica e incluso chegamos a velo bailar!

Unha xornada na que aprendimos cos corazóns!

Deixámosvos as imaxes do día e tamén a presentación en power point por se vos interesa velo na casa.