luns, 28 de abril de 2014

COMENZAMOS OS CULTIVOS DE PRIMAVERA

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, aproveitamos que nos agasallaron cunhas plantas de calabacín e as plantamos na nosa horta. Primeiro fixemos os buratos na terra, despois botámoslle un pouco de abono, introducimos a planta no burato e tapamos con terra. Como xa estaba o día de chuvia, non tivemos que regar.

sábado, 26 de abril de 2014

TRABALLAMOS OS DIFERENTES MÚSCULOS DO CORPO

Os alumnos do 3º ciclo traballamos os músculos do corpo. A mestra propuxo un xogo: sacando unha etiqueta dunha bolsa, atopámonos co nome dun músculo, o cal tiñamos que pegar no sitio acertado nun mural. Despois, coa axuda da mestra, propoñiamos un exercicio ximnástico e de movemento para traballar ese músculo. Aprendimos músculos da cabeza como frontal e temporal. Tamén músculos do tronco como o esternocleidomastoideo, pectoral, trapecio, abdominais, dorsais e glúteos. Coñecimos músculos das extremidades superiores e inferiores como biceps, triceps, deltoides, cuadriceps e xemelgos.

domingo, 13 de abril de 2014

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 3º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 2º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

XOGAMOS CON MATERIAL RECICLADO NO 1º CICLO Empregamos botellas de plástico baleiras e as reutilizamos para traballar na clase de educación física.

sábado, 12 de abril de 2014

XOGOS DE PRIMAVERA

No 1º e 2º ciclo, fixemos XOGOS DE PRIMAVERA, para traballar o cambio de estación. Usamos material de todo tipo: balóns, pinzas da roupa, vasos de plástico, botellas, rotuladores, cordeis, pelotas de ping-pong... Os nosos xogos foron: 1. Por parellas, un tiña que esconder unha pinza da roupa no Ximnasio e o compañeiro tiña que atopala. 2. Por parellas, con vasos de iogur e unha pelota de ping-pong, tiñamos que lanzar a pelota ao compañeiro e collela co vaso. 3. Por tríos, dous se pasaban o balón e o tercer compañeiro tiña que facerse co mesmo. 4. Fixemos un circuito con botes de plástico e tivemos que desplazarnos polo mesmo de xeitos diferentes: a pata coxa, correndo, en cuadrupedia, sentados... 5. Tivemos que practicar a puntería, derribando vasos de plástico con pelotas de goma. 6. Colgámonos un rotulador da cintura e tivémolo que introducir na boca dunha botella sen axuda das mans.

RECIBIMOS A PRIMAVERA NO 1º CICLO DE PRIMARIA

RECIBIMOS A PRIMAVERA Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, recibimos a primavera plantando flores. Como temos dous novos xardíns no colexio aproveitamos para poñelos bonitos e coñecer algúns tipos de flores: gazanias, alegrías, uña de gato, begonia, margaridas, gladiolos enanos e taxetes. Primeiro preparamos a terra facendo o burato, botámoslle dentro un pouco de abono orgánico de cabra, puxemos a planta, botámoslle terra hasta cubrila e puxémoslle os nomes. Non as regamos ao remate, porque a terra xa estaba moi húmida e empezaba a poallar.

XOGAMOS AO BADMINTON EN 4º E 5º DE PRIMARIA

XOGAMOS AO BADMINTON Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria aprendemos a xogar ao badminton. Visitounos Javier Vila Mao, entrenador do clube Rachaplumas. Dentro do programa COÑECE O TEU CLUBE fixo unha actividade de iniciación onde aprendemos diferentes toques da pluma coa raqueta, os saques, algúns xogos... e contounos a orixe deste deporte, os países onde máis se practica e quen son os xogadores nacionais e internacionais máis coñecidos. Foi unha primeira toma de contacto, posto que durante o terceiro trimestre traballaremos na clase de educación física este deporte.

domingo, 6 de abril de 2014

VISITA AO MARCO

Aos nenos e nenas de 5 anos gústalles moito a arte e, ademais de traballar con el na clase e aprender a ser uns verdadeiros artistas, o outro día visitaron o museo Marco de Vigo e desfrutaron un mundo nas súas sás. Velaiquí tedes as fotos.


Marco5anosA - Video Maker

Os nenos e nenas da aula de 5 anos B fixemos arte con chícharos e despois tamén fomos cos nosos compañeiros visitar o MARCO.