sábado, 31 de maio de 2014

Festival de Fin de Curso 2.014. INFANTIL


"Drilo, Drilo, El cocodrilo"
4º de Educación Infantil"


"La ratita presumida"  
5º de Educación Infantil"

"Momia de colores"
5º de Educación Infantil



"Happy"
6ºA de Educación Infantil


"El rock del reloj"
6ºA de Educación Infantil



"Animales"
6ºB de Educación Infantil 


"10.000 maneras"
6ºB de Educación Infantil


"Good bye, friends"
4º,5º e 6º de Educación Infantil


RESUMEN EN FOTOS

Festival fin de curso. HAPPY

HAPPY EN PÁRROCO DON CAMILO

xoves, 29 de maio de 2014

CREANDO CONTOS EN GALEGO

Os nenos e nenas de 1º de Primaria veñen de "publicar" o seu primeiro conto colectivo. Aproveitando o seu traballo sobre o noso Proxecto Documental Integrado escribiron, ilustraron e gravaron un precioso conto sobre...unha cabaza! Como o publicaron no noso blog de biblioteca, deixámosvos AQUÍ o enlace. Pasade a desfrutar del.

luns, 26 de maio de 2014

SEMENTANDO EN PRIMAVERA

Como xa estamos en primavera e mellorou un pouquiño o tempo, puidemos sair a nosa horta a plantar algúns dos cultivos que estudiamos dentro do noso proxecto documental integrado. Outros, aínda que non están dentro do proxecto, son típicos desta estación e se dan moi ben na nosa horta. Agora esperamos que o sol e a auga fagan o resto. Pero chuvia pouquiña que xa levamos dabondo.

mércores, 21 de maio de 2014

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO

O segundo ciclo de Primaria (3º e 4º) estivemos neste curso no museo do mar, vendo unha exposición de aparellos de pesca. fixemos xogos mariñeiros, visitamos o acuario e contemplamos o esqueleto dunha balea-cachalote. Pasámolo moi ben!!
Vede dúas presentacións coas fotos que fixemos alí.

domingo, 18 de maio de 2014

XOGAMOS AO BADMINTON NO MANOEL ANTONIO

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria, dentro da actividade que xa fixeramos no centro COÑECE O TEU CLUBE, fomos ao Instituto Manoel Antonio a xogar ao badminton. Organizado polo clube Rachaplumas en colaboración coa Xunta de Galicia.

COÑECEMOS AS CAPITAIS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

Os alumnos e alumnas de 5º, traballamos co paracaídas uns xogos nos que repasamos as capitais das comunidades autónomas de España. Os xogos foron: O xogo dos nomes, o igloo, o xogo dos intercambios, queixo, pan e tomate e os crocodilos. Nestes xogos identificamos a comunidade autónoma coa súa capital.

APRENDIMOS AS CAPITAIS DE EUROPA

Os alumnos de 6º de Primaria aprendimos as capitais de Europa xogando co paracaidas. Tamén démoslle un repasiño aos países e ao continente ao que pertencen, asi, como interpretar ou imitar algún dos seus monumentos máis coñecidos. Os xogos que fixemos foron: -O xogo dos nomes: Cando a mestra nomeaba un país cruzábase por debaixo do paracaídas coa súa capital e a nomeaban, cambiándose de sitio. -O igloo: Todos inflan o paracaídas nomeando o país que son coa súa capital e a orde da mestra, métense todos debaixo, totalmente tapados. -Intercambios: Agora intercámbianse por debaixo do paracaídas só os países nomeados pola mestra. -Queixo, pan e tomate: Con etiquetas, puxéronnos varios países a cada un e cando a mestra nomea un continente, todos os países pertencentes ao mesmo se cambian. -Crocodilos: O xogo anterior, pero cambiandonos por debaixo en cuadrupedia. -Figuras do mundo: O país nomeado pasa por debaixo do paracaídas e cando saia ten que facer unha figura ou monumento típico do continente ao que pertence e os demais adiviñan o nome.

xoves, 8 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



Este ano o autor homenaxeado no día das Letras Galegas é: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO




Xosé María Díaz Castron naceu en Guitiriz, na provincia de Lugo en 1914. Pasa parte da súa escolaridade no seminario de Mondoñedo onde empeza a escribir as súas primeiras poesías.  É autor dun único libro publicado no ano 1961, "Nimbos" que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega.

Aquí tedes uns anacos das súas poesías:



Tamén vós deixamos unha serie de actividades e un vídeo no que poderedes descubrir moito máis sobre  Xosé María Díaz Castro.


PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES

















FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!




mércores, 7 de maio de 2014

Traballo de primavera na horta

Como xa chegou a primavera e parece que deixou de chover un pouquiño, os nenos e nenas de 1º decidimos traballar na horta, preparando a terra para sementar as nosas pebidas de cabaza. Primeiro aireamos a terra, tiña algúns grumos e estaba algo húmida, pero aplicámonos moito no noso traballo. Así que ao día seguinte voltamos e fixemos pequenos buratiños, onde botamos as sementes que tapamos con máis terra para rematar.
Agora a coidalas, regando de cando en vez e esperando a que a natureza faga o resto.

xoves, 1 de maio de 2014

DIA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS TAMÉN EN GALEGO

Por primeira vez este curso sumámonos a unha iniciativa que xa se leva facendo noutros coles dende hai varios anos. Nos días anteriores a esta cita tocou escoller libros axeitados para os nenos e nenas que nos ían escoitar e presentarse a eles nas diferentes aulas dos pequenos do cole.  Na lista de lecturas escollidas, que ao final gustaron moito a todos, tiñamos lecturas e castelán e tamén en galego.
A responsabilidade de apadriñar tocoulle os cursos de 2º a 6º de Primaria. Todos preparáronse prestando moita atención a tódolos detalles. Os afillados e afillados agardaron entusiasmados, mesmo os mais pequeniños. Chegado o día os padriños e as madriñas espalláronse por todos os rincóns cos seus afillados e afilladas convertendo o Colexio nun espazo de fantasía e de maxia  onde  padriños e madriñas fixeron de estupendos contacontos mentres que os seus afillados e  afilladas prestaban a máxima atención.
O Colexio encheuse de moreas de historias, sorrisos, murmurios, miradas,............pero as imaxes falan por si soas.