domingo, 24 de decembro de 2017

BO NADAL 2017 e PROSPERO ANINOVO

Seguindo co PDI "Os ollos de Vigo" fixemos esta fermosa árbore de Nadal feita entre todas as aulas e que loce na entrada do colexio. Podedes ver que está inspirada no olivo da Porta do Sol e rodeada de dinosauros e fotos dos grupos no Vigo antigo e actual.
Deste xeito queremos desexarvos un Bo Nadal e próspero 2018!.
 

 

sábado, 23 de decembro de 2017

Contos na maleta de Sabela Gago

No Párroco desfrutamos dos contos cada día e tamén polo Nadal, deste xeito o mércores 20 de decembro, tivemos una sesión de contacontos na biblioteca escolar da man de Sabela Gago quen soubo facernos chegar fermosas historias ao mesmo tempo que participabamos delas.
Como somos tantos,  baixamos á biblioteca en diferentes quendas:
Primero foi o turno para os nenos e nenas de infantil, seguidos de 1º, 2º e 3º de primaria e xa logo do recreo desfrutaron desta actividade 4º A e B e 5º e 6º de primaria.
 Aquí podedes ver o que foi do día nas distintas quendas (as subiremos todas a medida que estean dispoñibles).




xoves, 21 de decembro de 2017

OBRADOIRO DE COCIÑA 4º

Dinogalletas, Galletosaurias... a verdade é que nos gustaban moitos nomes. Este pequeno obradoiro de cociña ideado con motivo do noso proxecto sobre Vigo, e máis en concreto, sobre os traballos que fixeramos do Dinoseto, deunos moito xogo para aprender a compoñer as partes dunha receita, a ilustrala e mesmo a converternos por un día nos mellores mestres pasteleiros da cidade. A verdade é que o pasamos moi ben!




martes, 12 de decembro de 2017

CIRCOPETA

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria saímos ben cedo cara o teatro Afundación para desfrutar do espectáculo "Circopeta".
Nada máis chegar descubrimos a catro músicos que nos fixeron desfrutar moito do seu peculiar circo e do seu especial espectáculo de percusión. Eles souberon misturar axeitadamente instrumentos da vida cotiá coma tambores de plástico reciclados, vasoiras, botellas de vidro, etc facendo así ritmos con movementos diversos e procurando que interactuáramos con eles.
O pasamos xenial e para non esquecer este día ata tivemos a sorte de facernos una foto xunto aos artistas!.
Xa de volta no autobús e como sabemos moitas cousas de Vigo fomos localizando o Sereo da Porta do Sol, os seus compañeiros o Dinoseto e o Dinosetiño, o mural de Xavier Magalhaes, o Olivo do Paseo de Alfonso que loce estupendo ao lado da escultura a Martín Codax.....e abraiados quedamos cando unha compañeira indicounos "mirade ese é o mural de Julio Verne!. Cantas cosas saben estes cativos e o mellor de todo poder compartirlas cada día!. Graciñas a Marta e a Merce por acompañarnos xunto as nosas mestras nesta saída! 
Ata a próxima!
 

venres, 1 de decembro de 2017

" A AULA DO PASADO"

O martes 28 de novembro os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria fixemos unha saída ao Museo das Palabras, o Verbum, a ver a exposición de MUPEGA  (Museo Pedagóxico de Galicia) titulada " A aula do pasado".

Tivemos a grandísima sorte de contar co mestre Luís como anfitrión de cerimonias.  Foi un pracer atoparnos con el.  Alegrámonos moito con este encontro.  

 Comezamos vendo un vídeo sobre a educación de fai moitos anos, fotos en branco e negro onde se separaba a nenos e nenas en diferentes clases, e ata se lles impartían diferentes materias.... Moito cambiaron as cousas dende aquela!!!!

 Que difícil é escribir cos pizarríns!... Non podemos imaxinarnos unha época sen fotocopiadora utilizando papel de calco....e , por suposto, nas nosas casas sufrirían moito lavando os manchóns de tinta da roupa.

 O que máis nos chamou a atención foi a cantidade de imaxinación que tiñan os nosos antepasados:  como xogaban e pasaban o tempo tan ben sen ter xoguetes, consolas, wii, tablets ou televisións.

 Eses si que usaban o cerebro!!!!!!

                        Moitas GRAZAS  a Luís, Marisa, Elena e Josefa por trasladarnos a esa época e por querer pasar ese tempiño con nos.


luns, 27 de novembro de 2017

NATURNOVA

O venres, día 24 de novembro, os nenos e nenas de 4º visitamos o centro interactivo de educación ambiental Naturnova. Nada máis chegar propuxéronnos un desafío: tiñamos que investigar nas diferentes salas para cubrir unha ficha informativa nun tempo limitado. Dividíronnos en tres grupos e mentres uns viaxabamos en submarino ao fondo da ría outros observábamos o sistema solar en movemento  ou escoitabamos unha tormenta, e mesmo amosáronnos o ciclo da auga que xa estudiáramos na escola.

 Fomos quen de levar a cabo o desafío inicial pero sobre todo coñecemos mellor o marabilloso mundo ao que pertencemos e a súa importancia para a vida.


Taller de RCP en 2º

No colexio sabemos da importancia de saber actuar o mellor posible en situacións de urxencia, así que os nenos e nenas de 2º non queriamos deixar escapar esta oportunidade que nos ofreceron de xeito desinteresado.

Así que o venres 17 de novembro tivemos a sorte de aprender unha chea de cousiñas sobre "Primeiros Auxilios e Reanimación Cardiopulmonar" da man dunhas estupendas enfermeiras de diferentes servizos: María, Fani e Begoña (que ademáis de enfermeira é nai de Eva e Martín e foi a que fixo a tan acertada proposta). Así que esta entrada non blogue queremos adicarlla especialmente a ela e a todas as familias que colaboran connosco cada día no colexio.

Primeiro vimos uns vídeos todos xuntos, e aprendemos que os nenos podemos facer moito máis do que a xente adulta pensa, empezando por chamar sempre ao 112,así sabendo o que nos van a preguntar e o que temos que dicir será máis rápida a intervención dos servizos de emerxencia.

Tamén aprendemos a recoñecer o estado de consciencia da persoa que sofre un accidente. No caso de que a persoa non atenda as nosas chamadas e estea inconsciente pero respire termos que poñela en posición leteral de seguridade e se esta inconsciente e non respira entón teremos que facer a RCP recordando facer as compresións ao ritmo da "Macarena".

 Moi importante foi saber actuar non caso dun atragantamento e como podemos axudar a motivar a que tusa a persoa que a sofre (o máis importante é que tente tusir sempre, e cando xa non poida entón teremos que facer a manobra pero sen esquecer que non é convinte nin que levante os brazos, nin que tome unha miguiña de pan, nin golpearlle as costas sen antes posicionalo correctamente.....pois todo iso só empeoraría ao accidentado).

Con todo ben clariño, pasamos á parte máis divertida, rotando en tres grupos polos tres talleres que nos tiñan preparados e así poñer en practica todo e ata ver a maqueta dun corazón, duns  pulmóns, ademáis doutros utensilios que empregan as/os enfermeiras/os e médicos na súa tarefa diaria de "Salvar vidas" e é que nós aínda que somos pequenos non esqueceremos que "AS NOSAS MANS SALVAN VIDAS".

Para rematar agasalláronnos cuns bolis-xeringa e certificaron o taller cun diploma de asistencia (feito tamén por outra voluntariosa nai). Moitas grazas de corazón, foi unha actividade xenial!!
 

martes, 21 de novembro de 2017



"VISITA A AQUALIA"

              A clase de quinto fixo unha nova saída o 21 de novembro.  Esta vez foi ás instalacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia.

                 Esta empresa é a encargada de xestionar as augas que chegan a Vigo, desde os embalses de Eiras e Zamáns.  Nela traballan uns douscentos vintetrés traballadores entre administrativos, técnicos de abastecemento e saneamento, plantas potabilizadoras e depuración.

                 Despois de ver un video resumo do proceso e medidas de aforro de auga e atender ás explicacións de Israel, fixemos un percorrido ata a boca do túnel que trae as augas de Eiras e vimos decantadores, filtros, a depuradora de augas residuais e varias cámaras de mesturas e outros procesos.

                  Logo entramos nun pequeno museo onde había pezas antigas relacionadas co proceso da auga a través dos anos.

                    Regresamos ao cole cunha gorra de agasallo para cada neno e duns cds sobre o ciclo integral da auga para a clase.

                    Foi unha saída moi interesante!!!!!.


luns, 20 de novembro de 2017

RUBICUNDO

O xoves, 16 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º do cole fixemos unha saída para ir ao teatro e ver a obra “Rubicundo”. A verdade é que xa tiñamos gana de que chegara o día posto que levabamos unhas semanas lendo o libro no que está inspirado a obra e non nos chegaba a hora de desentrañar o misterio deste personaxe tan estraño e especial. A posta en escena, o traballo dos actores, a música… fixo dese día algo moi especial para todos nós. Un pracer e un privilexio poder asistir a espectáculos coma este.

martes, 14 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

E chegou o venres, o día antes do San Martiño, así que no Párroco tamén botamos trompos ao camiño.
Como tiñamos ganas de voltar a xuntarnos pequenos e maiores como fixeramos nas lecturas compartidas do Samaín, quedamos moi ledos ao decatarnos de que desta volta compartiriamos xogos populares.
Así que todos ao tempo pero en distintos espazos xogamos a estes xogos:
·        6º E 2º DE PRIMARIA (no campo de futbol): Saltamos á comba e xogamos ao paracaídas. 
·        4º A E INFANTIL DE 3 ANOS (no Ximnasio): Xogamos ao come castañas e a soplar follas.  
·        5º E 1º DE PRIMARIA (no campo de fútbol): Xogamos ao pano, e ao tiro ao paraugas.  
·        3º E INFANTIL DE 5 ANOS (no patio de diante): Fixemos o xogo dos aros, e o de recollida de mazorcas. 
·        4º B E INFANTIL DE 4 ANOS (no patio cuberto): Transportamos saquiños na cabeza, e xogamos ao ferrón. 
Logo de tanta actividade chegou o momento de probar as castañas que trouxeramos estes días dende as nosas casas e que tan ben prepararon a nosa dire Pili e Sol. Moitas grazas, estaban ben saborosas!.


domingo, 5 de novembro de 2017

Festa de disfraces no Samaín e actividades nas aulas

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Nese día ademáis de disfrutar polo patio xogando disfrazados os maiores tiveron sesión de cine de "medo"e os nenos e nenas de infantil fixeron obradoiros rotando en candansúa aula.

MURAIS E TRABALLIÑOS POLO SAMAÍN

Moitas foron as actividades que fixemos nestes días no colexio e das que vos amosamos  só algunhas das que lles fixemos fotos.

Na entrada do colexio atópase o mural que fixeron os rapaces na aula de inglés e que non podía senón estar relacionado co P.D.I. deste curso "Cos ollos de Vigo"
Premendo na imaxe do mural podedes ver unha pequena parte do proceso de elaboración do mesmo e outros traballiños e manualidades que atopamos en diferentes recunchos do centro.




Lecturas compartidas na biblioteca polo Samaín

Na semana do 23 ao 27 de outubro, xuntámonos cada día dous cursos para compartir lecturas de medo na biblioteca e facer manualidades colaborativas para decorar a biblioteca de xeito arrepiante e celebrar deste xeito o día das bibliotecas escolares. A dicir verdade, todos disfrutaron moitísimo destas lecturas compartidas e a biblioteca quedou engalanada terrroríficamente para a ocasión. Ademáis todos os cursos coñeceron a nova mouchiña Edelmira que se presentou en lingua de signos. Aquí tendes os vídeos que montamos coas actividades de cada día.

 O luns xuntáronse 1º e 5º de primaria

 
O martes 2º e 6º

 

O mércores 5º de infantil e 4ºB

 
O xoves 6º de infantil e 3º

 
E o venres 4º de infantil e 4º A

 

martes, 31 de outubro de 2017

Exposición de cabazas no Samaín

Nestes días de Samaín, no Párroco propuxemos as familias que nos enviaran o seu calacú e que matinaran na teima do Proxecto Documental que ven de botar a andar: Cos ollos de Vigo...
Premendo na imaxe podedes ver as cabazas que foron chegando ao colexio para formar parte desta exposición que leva lucindo toda a semana na entrada do colexio
Moitas grazas pola vosa participación!!


Preme na imaxe para ver o video da exposición de cabazas.





venres, 27 de outubro de 2017



"PASEO DE QUINTO POLA CONTORNA DO COLEXIO"


          O 27 de outubro viñeron ao Párroco dous policías locais da sección de educación viaria para acompañarnos fóra do recinto escolar e transmitirnos hábitos e actitudes para previr riscos nas vías de uso público.

            Un dos obxectivos da saída foi a de reforzar o papel de peóns.  Fixemos distintas obsevacións no entorno do colexio.  Dous encargados tomaban datos dos aspectos  máis axeitados para mellorar a seguridade como peóns.  Despois da análise, establecemos conclusións, causas de riscos e como evitalas.

             Cun formulario apuntamos os puntos e lugares do redor do colexio que presentan  maior perigosidade, e establecemos alternativas de mellora.

               De volta ao cole, os policías Pablo e Pili, aportáronnos información relacionada coa activación do protocolo de intervención por emerxencias a través do 112.



mércores, 11 de outubro de 2017



"SAÍDA POLO MONTE DE COMESAÑA"

           O mércores 11 de outubro os alumnos de 5º e 6º disfrutamos dunha camiñata de máis de 5 kms polos montes de Comesaña, acompañados de dous biólogos que nos explicaronb como as especies pirófitas como piñeiros, eucaliptos, acacias teñen que ser substituídas por especies autóctonas como carballos, castiñeiros, cerdeiras, salgueiros, amieiros ou bidueiras moito máis resistentes creando soutos e carballeiras.
  
           Fixemos a ruta de sendeirismo pola chamada Senda Panorámica de Vigo.  Gozamos das vistas do parque de A Guieira en Comesaña.

            Ademais participamos en xogos onde era importante situarnos nun plano e descubrir a flora e fauna da contorna.

             Ninguén dos que saímos nesa mañá outonal pensabamos que aos catro días viviriamos unha das catástrofes incendiarias máis terribles dos montes de Vigo, onde soamente quedan unhas fotos para o recordo.


venres, 6 de outubro de 2017

Visita a Anfaco por 4º de primaria

O pasado martes, 3 de outubro, o alumnado de 4º de primaria fomos de visita ao Museo Anfaco da industria Conservera, situado no Cuvi. Alí descubrimos un percorrido centenario sobre os feitos históricos do nacemento empresarial conservero en Vigo, ata converterse en referente nacional. Entre as vitrinas aprendemos sobre a conservación do patrimonio industrial e bibliográfico de peixes e mariscos, así como a súa evolución dende 1904. Atopamos obxetos como antigas latas, documentos, maquinaria, fotografías..., mentres descubrimos diferentes métodos de conservación dos alimentos e coñecemos un pouco máis da forma de traballar das mulleres nas fábricas como Alfageme, tan histórica na nosa cidade. Pouco a pouco, comezamos a sumerxirnos no proxecto deste ano...Os ollos de Vigo!

xoves, 22 de xuño de 2017

OS ALUMNOS DE 3º A E 3º B VISITAMOS A HORTA

Os alumnos de 3º A visitamos a horta e plantamos tomates e os de 3º B plantamos pementos. Fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta, botámoslle terra por riba e despois a regamos, É agora a crecer.


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123450292kP477866169o2l1/horto-escolar-3ab

O mel en 1º, 2º, 3º e 4º de primaria

Onte as nenas e os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria acudimos, en diferentes quendas, a unhas charlas sobre o mel.
Beatriz explicounos as diferenzas entre as abellas e as avespas asiáticas, o perigosa que é esta especie invasora para a produción do mel en particular e para o ecosistema en xeral xa que as avespas asiáticas matan ás abellas.
Aprendemos como elaboran as abellas o mel e como é o proceso de recollida da mesma dende as colmeas ata a súa distribución e venda.
Algunha ata tivo a sorte de vestirse como unha auténtica apicultora.

E como é ben sabido que somos uns larpeiros, ao finalizar a sesión agasalláronnos a cada un de nós cun tarriño de doce mel!.





luns, 19 de xuño de 2017


HORTO TOMATES

OS ALUMNOS DE 5º PLANTAMOS TOMATES

Os alumnos de 5º de Primaria plantamos tomates na primavera. Como todos os anos, fixemos os buratos, botamos abono, metemos as plantiñas e recheamos con terra. Aplastamos ben e a regar.
OS ALUMNOS DE 1º PLANTAMOS BRECOL

Durante o inverno, os alumnos de 1º plantamos brecol no noso horto escolar. Primeiro fixemos os buratos, botamos abono, metemos a planta e recheamos con terra. Finalmente regamos e agora a crecer.

venres, 16 de xuño de 2017

Museo do Mar 3º e 4º primaria

O pasado 14 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria continuamos co Obradoiro O sabor do Mar, pero desta vez cunha saída. Así, fomos ata o porto de Canido, para coñecer de preto a lonxa, e saber de primeira man como se fan as subastas, cando os barcos chegan cargadiños de peixe.
Aprendimos as diferentes especies de peixes que chegan ata alí, como se utilizan as nasas e, ademáis, tivemos a sorte de escoitar historias sobre o mar e o arte da pesca, que nos contou un redeiro que estaba reparando as súas redes.
Continuamos a nosa saída cara ao Museo do Mar onde, no acuario, poidemos observar as distintas especies marítimas que se atopan na ría de Vigo. Que tranquiliños estaban os peixes!
E chegou a hora da merenda, así que mans á obra! Puxémonos mandil e gorro de cociñeiros e comezamos a preparar cada un o seu: cunha croqueta de pescada que tivemos que decorala como se fose un polvo, cos seus tentáculos e todo! E de segundo unha tortita con mexilóns e guacamole. Que sabores máis distintos!
Este obradoiro resultounos moi completo, tanto no cole como na excursión! Agora sabemos, máis que nunca, a importancia do Sabor do Mar no noso día a día.

luns, 12 de xuño de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata

O luns 5 de xuño, en diferentes quendas os nenos dende 1º a 6º de primaria tivemos uns talleres para facer bocatas saudables empregando as conservas. Desta vez comprobamos que só un bocadillo de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que precisamos para acadar as nosas metas e que as conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e ademáis levan vitamina B12 que é fundamental para a nosa saúde (sobre todo para coidar a memoria).
Aqui tendes as fotos de 1º e 2º, 3º e 4º e o último o de 5º e 6º.


 

 

martes, 6 de xuño de 2017

Saída en 1º ao monte Aloia de Tui

Ao longo deste curso vos nenos e nenas de 1º estivemos traballando nos diferentes roteiros dá natureza, económicos e artistico dá zona do Baixo Miño de Tui e o Monte Aloia. 
Deste xeito o venres 2 de xuño, por fin puidemos coñecer de primeira man todo o que estiveramos investigando na clase coa excursión ao monte Aloia en Tui.
Nada máis chegar identificamos, dende o autobus e pola súa peculiar arquitectura, a "casa forestal do enxeñeiro Areses", hoxe convertida en aula da natureza. Alí fixemos a nosa primeira parada onde recibíronnos Rosa, Ana e Sara as axentes forestais e as nosas guías.
Moi dispostos e ansiosos por ver toda a flora e a fauna que estivemos a estudar comezamos a ruta circular da Senda Botánica, facendo moitas paradas para escoitar as explicacións e as respostas as nosas moitísismas preguntas. É que estes nenos de primeiro teñen moita curiosidade e imaxinación e ata miraban coas súas lupas pegadas misteriosas dos Grovios e murallas ciclopeas polo camiño.....
Logo chegamos de novo á aula da natureza onde repasamos o traballado na clase relacionado coa orixe do parque, coa flora e fauna, coa historia e arte....Ao rematar despedímonos agradecidos, asinamos no libro de visitas agardando voltar pronto coas nosas familias para seguir descubrindo e desfrutando!
Ao sair almorzamos e repuxemos folgos para subir ata o alto de San Xiao, onde miramos a ermida de San Xiao, o monumento ao enseñeiro Areses e subimos ata o miradoiro da Cruz, onde por fin puidemos admirar o curso do río Miño observando as vilas galegas e as súas irmás protuguesas nas dúas beiras ata a súa desembocadura. Sorte que tivemos de que desapareceu a brétema xusto nese intre para deixarnos desfrutar das vistas!!
Por último descubrimos a "pedra dá Balea" e xa voltando polo mesmo camiño rematamos a excursión xogando no antigo parque.
Desfrutamos moito xuntos desta excursión e portámonos fenomena!l. Xa estamos desexando comezar outro Proxecto Documental para ver onde nos leva!

luns, 5 de xuño de 2017

Convivindo cos nosos humedáis en 1º

O luns 29 de maio os nenos e nenas de 1º desfrutamos da visita de Damián, un biólogo que desenvolveu o taller "Convivindo cos nosos humedáis"  organizado polo concello de Vigo xunto coa concellería de Medio Ambiente. 
Aprendimos cousas moi interesantes sobre a flora e a fauna coma por exemplo cando vemos xuncos é sinal de que nese sitio hai auga (moitas veces soterrada), as follas dos salgueiros que están as beiras dos humedáis as empregan os animais cando teñen dor de dentes e os científicos fixáronse nese comportamento animal para crear as aspirinas para os humanos coa mesma composición destas árbores. Os amieiros teñen unha leña tan boa que non podre debaixo da auga que por iso na cidade de Venecia usaron esta madeira para facer as pontellas que xa teñen máis de 200 anos sumerxidas baixo auga. Falounos doutras plantas acuáticas coma os nenúfares, as lentellas de auga....
Contounos trucos para crear un humedal e explicounos que creando unicamente unha pequena charca xa podese formar todo un ecositema onde os primeiros en chegar serán os mosquitos que acudiran a poñer alí os ovos e así empezaría o asunto.
A actividade, encantounos, aprendimos un montón e viunos fenomenal para coñecer outros humedais que temos tan preto de nós, no noso concello como o Parque botánico do arco da vella en Bembrive, a senda do río Eifonso e a lagoa dos Seixos en Candeán.
Así que xa sabedes, animádevos a coñecelos que están moi pretiño!.

martes, 30 de maio de 2017

Festival de fin de curso

O venres 26 de maio tivemos o festival de fin de curso no Párroco, ainda que a dicir verdade como somos moitos foron dos os festivales que fixemos. Por unha banda foron as actuacións de educación infantil e primeiro de primaria o pola outra banda actuaron os nenos e nenas de segundo a sexto de infantil.
Foron moitas as familias e amigos que se achegaron ao Párroco para ver o festival, para os que non puideron vir aqui deixamos as fotos do que foi o día.

Aquí veredes as fotos do festival de infantil e primeiro de primaria


E aquí as fotos do festival de 2º a 6º de primaria

venres, 19 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

Este ano 2017 adicouse o Día das Letras Galegas a Carlos Casares.
No Párroco foron diversas actividades as que fixemos coma homenaxe especial arredor da súa figura.
Carlos Casares fixo a primeira tradución do famoso libro de Antonine de Saint-Exúpery publicada en 1943 Le petit prince á nosa lingua galega "O principiño" e tamén adicouse a coleccionar a nivel personal exemplares do libro. Deste xeito no Párroco decidimos montar unha exposición, en colaboración coas familias, dunha chea de "Principiños" en diferentes linguas e diversas edicións (algunhas delas ben antigas). Todos estes libros locen na entrada do colexio acompañadas dun fermoso mural e debuxos do personaxe principal feito polos nenos e nenas de 1º de primaria, quedando así á disposición de todos aqueles que os queiran desfrutar.


Outra actividade nestes días adicados as Letras Galegas foi "Colle o libro e corre" para que todo aquel que o desexe no tempo do recreo ou mesmo na hora de ler poida achegarse libremente á lectura dalgunha das seis obras de Carlos Casares dirixidas ao público máis novo collendo unha das maletiñas preparadas para tal fin. na que ademáis do libro aparece unha folla para que os lectores deixen a súa sinatura.

Por último e como actividade conxunta de todo o colexio fixemos un libro en gran formato no que nas aulas, logo da lectura e análise da obra, fixemos de xeito cooperativo unha peculiar interpretación plástica da obra a Galiña Azul para logo converterse nun libro viaxeiro para que todos os cativos disfruten destas obras. 
Aquí tendes o arquivo do noso libriño.


As Maimiñas en concerto

O martes 16 de maio os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria asistimos a un concerto das Maimiñas no ximnasio onde fixeron a presentación do seu novo disco "Unha viaxe polo mundo". Nesa viaxe polo mundo as Maimiñas fixeron unha parada no río Miño percorrendo os 350 kilómetros dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, pasando pola Terra Chá ata a súa desembocadura no océano Atlántico.
Que ben o pasamos cantando e bailando!


O sabor da aventura está no mar en infantil e en primaria

A pasada semana todo o colexio participamos en diferentes quendas nos obradoiros "O sabor da aventura está no mar".
Os primeiros en acudir o martes 9 de maio foron os máis pequerrechos do colexio, os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil. A continuación foron os de 6º de infantil e 1º de primaria.
O mércores 10 de maio continuaron os obradoiros participando en tres quendas distintas, 2º e 3ºA, logo 3ºB e 4º e por último os maiores de 5º e 6º.
Nesta ocasión a actividade foi no ximnasio onde un mariñeiro, una peixeira e una bióloga explicáronnos da man duns personaxes moi curiosos chamados "arroases" moitas cousiñas sobre a pesca, a distribución e a venda de peixe.
Aquí podedes ver as fotos do que foron as distintas sesións.

xoves, 11 de maio de 2017

Reciclando con Dinoseto e Dinosetiño

O xoves 4 de maio en diferentes quendas, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria participamos nunha actividade organizada polo Concello de Vigo "Vigo Recicla".
Nesta ocasión Dinoseto e Dinosetiño recordáronnos a importancia dos "Tres erres: Reducir, reutilizar e reciclar" e para non esquecelo cantamos e bailamos unha canción a ritmo de RAP.
Toda a actividade foi presentada a través de un teatriño onde todos xunto con Dinoseto e Dinosetiño recordamos as cousas que podemos reciclar en cada un dos colectores de distintas cores.
Por último déronnos una chea de agasallos que levamos moi ledos para as nosas casas e así compartir coas nosas familias todo o que aprendimos e de paso recordarlles ás que aínda non reciclan que se animen.
Pasámolo moi ben, foi unha actividade ben divertida!!


Reciclando con Dinoseto e Dinosetiño - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 6 de maio de 2017

Celebramos o día do libro cos apadriñamentos lectores

O venres 28 de abril e para celebrar o día do libro, unha vez máis a oportunidade de desfrutar da lectura xuntos no patio. Esta é unha desas actividades que chegou hai algúns anos ao noso cole para quedarse e que da gusto repetir un ano e outro. Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, que viven cunha mestura de medo e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros cursos e marchan confíados e contentos.

Os padriños e madriñas tiñan, este venres pasado, todo preparado para marchar canda os seus afillados e afilladas cara algún recunchiño do patio e alí, co agarimo do sol que nos agasallou neste día de finais de abril, ler tódalas historias que coubesen nun anaquiño de lecer. Os padriños e madriñas -e moitos dos seus valentes afillados que tamén quixeron ler para eles- puxeron o corazón nesas lecturas e adicáronse con empeño en facer desfilar palabras e historias no medio dun doce marmurio. Mágoa que non se escoite nas fotos!. 
Do marmurio pasamos, despois dun longo tempiño, ao balbordo, ás carreiras, ás risas... porque os pequenos non quixeron desaproveitar a oportunidade de compartir tamén xogos cos seus compañeiros maiores.

Semana de froita na escola no mes de abril

Na semana do 24 ao 28 de abril, os alumnos do Párroco voltamos a degustar froita para non esquecer os beneficios da dieta saudable. Como xa estamos na primavera, desta vez degustamos: amorodos, nísperos, plátanos, mandarinas e peras.
Aquí podedes ver algunhas fotos do que foi a semana de froita na escola.


luns, 24 de abril de 2017

Visita Anxo Fariña 5º e 6º P

Hoxe estivo Anxo Fariña na nosa biblioteca, e deixounos unha pequena mostra do seu arte. Os nosos alumnos de 5º e 6º pasaron un bo rato na compaña deste gran artista galego, que ademais de escribir e ilustrador e diseñador de libros infantís e xuvenís. O seu estilo de debuxo áxil e sinxelo o plasmou nunha estupenda caricatura, dun alumno de quinto, caracterizado coma un ciberneno. Tamén nos contou como xurdiu a idea de facer "A chave da Atlántida", a historia do continente perdido. Un día visitando as illas Cies, ao subir a "Pedra da Campá", observou un enorme buraco, coma un portal mirando cara ao Atlántico. Despois de moitas anécdotas sobre a súa traxectoria como escritor e debuxante, adicounos os exemplares do seu libro. Foi un verdadeiro pracer compartir ese xoves de abril con Anxo Fariña!

xoves, 20 de abril de 2017

A NOSA ALIMENTACIÓN

Ao longo do 2º trimestre os nenos e nenas de 2º traballamos moitos dos temas de ciencias investigando pola nosa conta e elaborando pequenos libriños coa información máis importante que fomos conseguindo. Un destes temas foi o da alimentación, no que aprendemos a importancia da nosa dieta, o significado da pirámide alimenticia, o valor nutricional de moitos alimentos que consumimos a diario…

Deixámosvos unha pequena mostra do noso traballo.


venres, 7 de abril de 2017

Convivindo cos nosos humidais

O 3 de abril veu a noso colexio, Miguel, un biólogo e naturista que leva máis de vinte anos traballando na conservación e divulgación ambiental. A primeira visita de abril foi para que os alumnos de 6º de Primaria nos acercaramos un pouquiño aos nosos humidais, vendo a súa riqueza ambiental, ademais de promover actitudes de respeto ao entorno natural. Partindo da colocación de seis paneis verticais sobre insectos dos medios húmidos, anfibios do Concello de Vigo, aves acuáticas e plantas, xunto con dous paneis resumindo os beneficios destes e os pasos para crear unha zona húmida. Miguel contaxiounos o interese e o respeto pola protección da natureza e prometeu volver ao noso cole para axudarnos a crear un humidal nun recuncho do horto.

Coñecendo Vitrasa

AS NENAS E NENOS DE 3º COÑECEMOS VITRASA!!
 O luns, 3 de abril, o alumnado de 3º fomos visitar VITRASA, para coñecer de preto como funciona o transporte urbano na nosa cidade. Xa dentro das instalacións, subimos a un Vitrasa, e nos fixeron unha ruta guiada: puidemos ver o taller, onde reparan e supervisan todos os días os transportes, metímonos no autolavado (que foi super divertido), e nos deron un par de voltas nun autobús oruga, onde o pasamos xenial, de tanto que se movía! Ademáis, subimos a un autos antigo, e vimos as diferencias que hai cós de agora: son cómodos, máis baixos para subir nas paradas, adaptados ás persoas con mobilidade reducida e os carriños de bebés... Xa dentro das oficinas, nos ensinaron como supervisan a ruta de todos os autobuses que están circulando pola a cidade, para que non haxa problemas. Esta saída gustounos moito!

martes, 4 de abril de 2017

Visita de autor en 1º e 2º: "O cociñeiro Martiño"

O luns, 3 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º recibimos na escola unha visita moi especial… Iago López, o escritor do “Cociñeiro Martiño” estaba na biblioteca ataviado coas súas mellores galas para contarnos ese conto que levabamos tempo traballando nas nosas aulas. Foi emocionante participar na dramatización da historia e converternos por uns intres nos personaxes dun mundo cheo de maxia e encanto. Rematamos coa sinatura e a dedicatoria de Iago en cada un dos nosos exemplares (incluído o do cole). Unha mañá diferente…

O XACIO PEPE: POETA-CONTADOR DO RÍO MIÑO

Dicir Anxo Moure é dicir Rio Miño, Carballo con botas, Xacia Lubiña, Vicentiño... e outros contiños solidarios.
Dicir Anxo Moure é dicir poesía e un xeito de contar os contos moi especial.
Nós tivemos o privilexio de telo connosco este pasado venres 24 de Marzo na semana na que se deron cita os Días da Poesía, da Árbore e da Auga, coma se fosen ún mesmo. El -bueno él non, o Xacio Pepe- axudounos a pescar contos no Miño coa súa gamela e o seu batuxo; presentounos a unha xacia verdadeira e fíxonos viaxar ao longo do río aprendendo as augas que o enchen, as súas árbores, os seus seres mitolóxicos, os animaliños que nadan, viven ou aniñan  dentro do río ou a carón das súas beiras. Fixo dúas sesións, unha cos mais pequenos e outra cos maiores do cole, e todos pasaron un tempiño estupendo escoitándoo.
Despois visitou as nosas aulas e marchou contento coma un cuco cun agasallo estupendo. A nosa Xacia Miñoncesa quixo marchar con el, quere estar un pouquiño máis preto de Irimia. Agardamos que pronto teñamos novas súas.!!
Aqui tendes as fotos das dúas sesións que fixo na súa visita.

domingo, 26 de marzo de 2017

Día da poesía

Un ano máis o día 21 de marzo celebramos o día da poesía no colexio. Desta vez a solta de poemas a tivemos que facer dentro do colexio xa que o tempo primaveral tan cambiante non acompañou para deixar florecer os nosos versiños polo exterior.
Como neste curso estamos a traballar arredor do Río Miño foron moitos os poemas que inventaron os nenos arredor das súas augas, da súa flora e da súa fauna deste xeito convertímonos en poetas como outros moitos escritores que escribiron fermosos versos ao noso río.
Entre os grandes escritores galegos atopamos un poema de Celso Emilio Ferreiro "Loubanza do pai Miño" do libro "Onde o mundo se chama Celanova"
Logo da súa lectura pensamos en ocupar tamén as nosas subidas e baixadas polo cole coa súa lectura e así foi como xurdiron as "escaleiras poéticas". Deste xeito todas as aulas do colexio contribuímos para ir enchendo banzo a banzo as escaleiras grandes con estas palabras tan fermosas adicadas ao noso Río.
Tamén como a poesía non entende de fronteiras linguisticas na aula de inglés animáronse a encher as outras escaleiras con versos nesa lingua.

Aquí tendes as fotos das escaleiras poéticas



 
 
E aquí un vídeo resumo do traballiño arredor do día da poesía, como foi a solta de poemas polo colexio e o ben que locen os poemiñas pendurados polo Párroco.

martes, 21 de marzo de 2017

Os nenos e nenas de 1º plantamos bulbos

Como onte chegou a primavera queriamos aproveitar para contarvos que xa hai algún tempiño que os nenos e nenas de 1º plantamos bulbos de galdiolos (a verdade e que houberamos preferido algunha plantiña de couselos, narciosos de río ou algunha outra como as que se dan nas beiras do Miño pero non atopamos ningunha de xeito). Deste xeito podemos ver como crecen as plantas e observar as súas partes e así complementar o tema de ciencias das natureza. Neste vídeo podedes ver o día que os plantamos e algún día que saímos a regalos, a fallarlles para que crezan fortes e sans e mesmo  agarimalos e darlles algún aloumiño. Alí están, crecendo a toda velocidade nun recunchiño moi bonito que temos no patio no que os nosos bulbiños están moi protexidos do frío e dalles moi ben o sol. De seguro que pronto florecen, xa vos contaremos!

Coñecendo a Ángeles Alvariño no auditorio do Concello

O martes 14 de marzo os nenos e nenas de 1º saimos do colexio para coñecer un pouco máis a unha muller moi importante no eido da ciencia en Galicia: Ángeles Alvariño.
Como xa a coñeciamos un pouco de ler algnuha noticia sobre ela na clase na semana da prensa na escola resultounos moi familiar o que alí contaron.
Nada máis chegar ao Auditorio do Concello déronnos de agasallo una gorra vermella e sentámonos nas cadeiras reservadas para nós. Logo uns colabordadores do colectivo "Polo correo do vento" e o ilustrador do libro "Un ronsel de Ardora" adicado a Ángeles Alvariño comezaron a contarnos cousiñas moi interesantes da súa vida e traballo como oceanógrafa nos tempos nos que lle tocou vivir e que eran moi distintos do que o son agora para as mulleres. Ao tempo que contaban fixéronnos participar dun xeito moi divertido e ao tempo o ilustrador facía as súas ilustracións (igualiñas que no libro). 
No medio da sesión tivemos unha sorpresa: apareceu de súpeto o noso alcalde para dicirnos unhas palabriñas agarimosas e contarnos algunha novidade da nosa cidade.
Para rematar a actividade xogamos a ser ilustradores seguindo as indicacións que nos daban. A verdade é que estamos feitos uns artistas xa que as caricaturas que fixemos de Ángeles quedaronnos a todos fenomenal!!
Por último, no noso paseo polo mundo e antes de voltar ao colexio vimos a unhas persoas que estaban acampadas coas súas tendas de campaña na praza do concello e que amosaban cartéis pedindo que todo o mundo teña unha vida digna e un teito para durmir na nosa cidade. Nós parámonos a reflexionar e para axudarlles ao noso xeito démoslles moitos ánimos.
Xa ao final e mentres esperabamos ao autobus tivemos tempo de facer uns xogos de palmas todos xuntos.
Que ben o pasamos!, ata a próxima e aburiño!

xoves, 16 de marzo de 2017

Visita guiada polo Casco Vello 5º e 6º Primaria

O mércores 15 de marzo, os alumn@s de 5º e 6º participaron no programa do Concello "Vigohistoria" A Reconquista. Ao longo de dúas horas, os rapaces descubriron os lugares onde se libraron as principais revoltas, tralo levantamento popular, contra o exército de Napoleón en 1809. O Castelo de San Sebastián, Porta do Sol e rúa Gamboa, foron algúns dos rincóns que visitamos. Un dos momentos máis interesantes da saída foi no interior do Casco Vello, onde nos esperaba un soldado francés que fuxía das milicias olívicas. A verdade que foi unha saída chea de información, onde aprendimos como era o Vigo de 1809, xunto cunha proxección dun documental, resumo dos momentos máis importantes da batalla olívica. Regresamos ao colexio cun diploma que acreditaba a superación da aventura.

sábado, 11 de marzo de 2017

FONDOS MARIÑOS

Este xoves, 9 de marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º recibimos na escola a visita dunha doctora e o seu axudante procedentes da Universidade de Vigo que viñeron falarnos dos residuos plásticos no mar e o seu impacto sobre a vida de todos nós. Presentáronnos algúns dos peixes e microorganismos que alí viven e os perigos aos que se enfrontan polo lixo que afoga os nosos mares e do que somos responsables todos. Importante a reflexión que debemos facer sobre o impacto que as nosas accións teñen na natureza...
Rematamos facendo unha manualidade na biblioteca que nos recordase a mensaxe que nos transmitiron.

xoves, 9 de marzo de 2017

Paxaro amigo de Mamá Cabra no Teatro Afundación

O pasado martes 7 de marzo os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria chegamos moi contentos ao cole xa que tiñamos programada unha saída ben cedo para disfrutrar do concerto "Paxaro amigo" de Mamá Cabra no teatro Afundación.
Todos xuntos disfrutamos moitísimo da función, tanto da posta en escea coma da música, pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a preciosa historia sobre Paz e convivencia coa que voltamos a reflexionar algunhas cousiñas que as veces esquecemos.
Aqui tendes as fotos aínda que non se aprecian moi ben pois como ben sabemos nos teatros non está permitido tomar fotos con flash para non molestar aos actores nin aos demáis espectadores.

xoves, 2 de marzo de 2017

Semana da troula

Aqui tendes as fotos do que foi a semana da troula do 20 ao 24 de febreiro no colexio. Miñoncesa deu os mandatos e como nós somos moi ben mandadiños e moito máis cando o di unha xacia do Miño pois fixemos o que ela nos pediu. Así foi como o luns trouxemos unha viseira ou sombreiro, o martes uns lentes de sol, o mércores unha mochila ou cantimplora, o xoves un elemento tecnolóxico (houbo cámaras de fotos e videos, brúxulas, gps...). E como eran mandatos acumulativos pois rematamos o xoves disfrazados de turistas, excursionistas, exploradores, aventureiros e todo o que cada quen imaxinou. E é que no Párroco encántanos "turistear" aprendendo e viaxando ao longo do curso do río Miño.

luns, 27 de febreiro de 2017

ENTROIDO FLUVIAL NO COLE

O Miño desfilou o venres polo patio da nosa escola, como non podía ser doutra maneira neste curso no que  queremos achegarnos a súa faciana dende tódolos recunchiños posibles. O desfile estivo presidido pola nosa "meca" a Xacia Miñoncesa, ser máxico característico do noso río. Ía ela elegantemente vestida para a ocasión e seguida por uns guías turisticos moi metidos no seu papel e dispostos a presentarnos e levarnos da man a descubrir as maravillas que se agochan nas beiras do Miño.

A natureza estivo representada por algúns habitantes do río como as señoras troitas, máis listas elas que as lampreas; que viñeron ao desfile, pero xa feitas receitas riquísimas por uns cociñeiros moi prehistóricos e moi expertos.
As libeliñas, coas súas fermosas ás, sobrevoaron o río, admirando a todo o público; o mesmo que os carballos que se facían fortes na beiriña para protexer os seus veciños os mouchos. 
Con moito esforzo e moita presa  pasaban os pelegríns, camiño de Compostela, pero aínda así, disfrutando da paisaxe e dos impresionantes viñedos que atoparon no camiño antes de virar cara o seu destino.
Os vikingos desta volta trouxeron as súas cámaras de fotos para poder desfrutar do que non puideron antes, cando viñeran invadirnos e chegaran ata Ribas do Sil remontando o río dende a Garda. Daquela fixeran mil desmáns, ademáis de deixarnos tamén algo da súa cultura. Aínda así portaban escudos e espadas...nunca se sabe onde hai que presentar batalla!!.
Pechando viñan os pequeniños co seu toque azul e branco das cores da nosa bandeira. Estabamos todos os que somos e todos dispostos para bailar e cantar a canción de Andrés do Barro "O tren" versionada e musicalizada por un voluntarioso pai do colexio que foi quen nos fixo a música e a cantou. Así xa estabamos todos listos para subir no noso especial tren turístico dirixidos pola "que manda",  quen ía vestida de maquinista ferroviario.
Agora xa sabedes...pasaxeiros ao tren,pi,piiiii! A desfrutar coas nosas fotos.!



O ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Dende as actividades nas aulas lembrando e celebrando á nosa escritora, pasando polo recuncho da biblio onde se recollían textos de Rosalía, os obradoiros temáticos, a petición do mouchiño para os pais -con grande aceptación-  e o concerto especial do pai de Paula, ata chegar a maratón de lectura de poemas no patio, todo foron actividades de homenaxe e lembranza do seu 180 aniversario; i é que despois de tanto tempo, ela ainda segue moi viva.!!.
En tódalas aulas fíxose a carauta de Rosalía para participar na iniciativa da AELG "Rosalíate" e moitas desas carautas formaron parte das fotos das familias co mural que compuxemos nas escaleiras. Nalgunhas aulas elaboráronse marcapáxinas especiais e leváronse adiante obradoiros nos que aprendemos cousas da súa vida e puidemos facer debuxos dela e das cousas que lle chamaban a atención e despois formaron parte dos seus poemas (con estes debuxos tamén fixemos un grande mural).
No concerto que nos deu o pai de Paula na biblioteca tamén estivo presente Rosalía e o seu poema "Pasa, río".
Por último, para pechar a celebración tódolos cursos participamos nunha maratón na que fomos lendo e recitando poemas e versos da autora...unha festa todiña adicada a súa memoria.!!


luns, 6 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ POLO MIÑO

 Un ano mais chegou o 30 de Xaneiro, o Día da Paz. Nas aulas tiñamos un encargo moi especial dos mouchiños...abondar sobre o significado das fronteiras,  terribel verba hoxendía. Menos mal que para nós, metidos de cheo nas tranquilas augas do río Miño, tratábase dunha fronteira moi especial. Daquela durante os días previos á data estivemos a pescudar un pouquiño nas poboacións  miñotas fronteirizas e fixémolo ademais coas parellas dunha e doutra beira do río Polas aulas desfilaron A garda e Caminha, Goián e Vilanova de cerveira, Tui e Valença, Salvaterra e Monçao e mais Arbo e Melgaço. Da man dun fermoso documental e outros recursos, como as novas dos xornais, botamos a ollada cara atrás, facendo un pouquiño de historia. Pero sobre todo demos pasos cara adiante, cara o presente cheo de vencellos entre Galicia e Portugal. Reflexionamos sobre  o que nos une...as pontes, a paisaxe, a lingua, a cultura, e quixemos encher as beiras do Miño  coas nosas mans e os mellores desexos de paz. 
Coma a paz , que se vai construindo granciño a granciño, o noso mural ainda está por rematar. A súa construcción vaise prolongar un pouquiño no tempo. Ainda hai cousiñas dos dous países sobre as que temos que volver.  O noso traballo sobre o río vai seguir moi presente neste e no vindeiro trimestres.













CELEBRANDO O DÍA DA PAZ: VICENTIÑO PAXARO DO RÍO MIÑO

Para celebrar o Día da Paz os nenos e nenas de 1º de primaria quixemos facer unha adaptación do conto de Anxo Moure "Vicentiño e as árbores da paz" que atopamos na web de contosolidarios.org. Así que puxémonos mans á obra organizándonos entre todos para levar a cabo esta tarefa. 

Logo de distribuirnos e engadirlle ao conto algún detalle do noso imaxinario e tras uns cantos ensaios decatámonos que non tiñamos público así que pensamos que sería fermoso compartilo cos compañeiros de infantil. E como unha cousa leva a outra e o Vicentiño de papel que fixéramos na clase de plástica quedáranos tan bonitiño quixemos amosarlles aos máis cativos como se facía agora que xa éramos expertos en Vicentiños. Tivemos moito traballo eses días dándolle voltas á cabeza cavilando con todo o que necesitaríamos, contando, sumando, restando, lendo, cantando....pero sobre todo disfrutando.

E así foi, no Día da Paz xuntámonos todos na biblioteca, contamos o conto e xuntos pensamos, soñamos, remamos, nadamos, sementamos e abrazamos árbores de paz. Ao final cantamos a canción adicada a Vicentiño...paxaro do río Miño do libro-cd que nos emprestou Tiago "Vicentinho e as árvores da paz" de Tou-po-rou-tou.  

Ese día foi moi emocionante e como o tempo non deu para máis, foi nos días seguintes cando puidemos voltar a xuntarnos aos ratiños cos nosos compañeiros, amigos e irmáns para facer a manualidade do paxariño Vicentiño compartindo así momentos moi fermosos xuntos.

Aquí poderedes ver en dúas tandas as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartimos xuntos os nenos e nenas de Primeiro nas calses de 3, 4 e 5 anos.



compartindo a vicentiño - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

venres, 3 de febreiro de 2017

Semana de froita na escola

No Párroco seguimos fomentando o hábito de consumir froita para acadar unha dieta san e equilibrada. Desta vez na semana do 23 ao 27 de xaneiro tivemos a "Semana de froita na escola" e así almorzamos cada día: mandarinas, plátanos, mazás e amorodos.
Aquí deixámosvos algunhas fotos como mostra deses días.


mércores, 1 de febreiro de 2017

OBRADOIRO DE IGUALDADE 2º PRIMARIA

O luns, 30 de xaneiro, recibimos a visita na nosa aula de Elsa, unha especialista en Igualdade  do concello, que nos amosou moitos exemplos sobre os prexuizos que moitas veces temos sobre o deporte con respecto aos homes e as mulleres. Apoiándose nos resultados obtidos polos nosos deportistas nos últimos xogos olímpicos e as disciplinas deportivas que practican algunhas persoas, agora entendimos que non existen barreiras para practicar e despuntar en calquera deporte que estemos dispostos a practicar con esforzo e tesón sexamos nenos ou nenas.


martes, 31 de xaneiro de 2017

Obradoiro de igualdade 6º P

O 3O de xaneiro, tivemos a visita de Elsa, que é a encargada do obradoiro de igualdade para traballar hora e media con sexto.Falounos de desigualdade, estereotipos, marxinación en canto ao xénero e fixemos actividades conxuntas analizando anuncios publicitarios. A finalidade deste obradoiro é fomentar a educación da cultura de igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Música coa escola "Migrasóns"

 O mércores 24 de xaneiro, os cursos de quinto e sexto asistimos no Auditorio do Concello a un concerto didáctico "Migrasóns" no que a través dalgúns dos instrumentos (gaita, percusión tradicional, arpa céltica, bouzoki, violín folk, requinta, zanfona....) da Escola Municipal de Música de Vigo, fixeron un percorrido polas músicas migradas incorporadas á nosa música tradicional.
O concerto rematou cunha cantiga "A pita podeira" interpretada polos músicos e o público asistente.






mércores, 18 de xaneiro de 2017

SAÍDA A NATURNOVA

Onte os nenos e nenas de 1º fomos de visita á aula interactiva de Naturnova para participar no obradoiro "O líquido esencial" e coñecer de preto a aula interactiva de ciencias. 
Saímos do colexio xunto cos nosos compañeiros de 2º cos que compartimos a ruta en autobús pola nosa fermosa cidade, xa que eles tamén foron de excursión a Afundación pero a ver unha expocición de arte.
Unha vez chegados ao noso destino, descubrimnos cousiñas moi interesantes sobre a auga e escoitamos moi atentos todo o que nos contaron os monitores. Logo desta primeira introdución dividímonos en dous grupos para poder experimentar con todo o que alí atopamos. Gustounos moito o "paseo en submarino" e as gafas en 3D que nos puxemos para realizar esta viaxe virtual polo fondo mariño da nosa ría e detectar diversas especies. 
Logo pasamos a sala adicada ao universo onde descubrimos a orixe do universo e do sistema solar e moitas curiosidades sobre os planetas. Noutra sala adicada ao noso planeta experimentamos  con xogos e aprendimos a importancia do aire, da auga e do solo para a vida no planeta.  
Por último, noutra sala, recordamos o importante que é reciclar e non desperdiciar nin facer un mal uso dos recursos naturais cos que contamos como a auga. Desta vez de seguro que xa nunca máis imos deixar as billas abertas cando imos a lavar algo na clase ou mentres nos aseamos e lavamos os dentes na casa.....
Encántanos sair de excursión!. Que sorte tivemos de poder visitar un lugar tan xenial coma este e que temos tan preto de nós!.


SAÍDA Á AFUNDACIÓN

O martes, 17 de xaneiro, os nenos e nenas de 2º fomos de visita á Afundación para ver a exposición “Percorrendo a nosa arte: pintura e escultura galegas” “O misterioso caso das pinceladas perdidas”.
Ao chegar atopamos a sala un pouco desordenada, xa que había algúns obxectos polo chan. Quen fixera semellante cousa fora Pintafontes, unha píntega á que lle encantan as obras de arte, e que nos deixara unhas pistas polo chan para ver se eramos quen de atopar uns cadros moi interesantes feitos cunhas pinceladas moi divertidas (unhas pequenas e apretadas, outras descolocadas e mesmo algunhas deslabazadas) Aprendemos a facelas no taller do museo!

A esta saída acompañounos, como a tantas outras, o noso querido profe Luis, facéndonos partícipes das súas anécdotas e bromas. Esta foi a súa última saída co cole xa que este foi o seu último día de traballo. Xubilouse! Por iso desde aquí queriamos darte as grazas pola túa paciencia, cariño e profesionalidade. Botarémoste moito de menos Luis!